Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de octubre de 2014

Sinxela complexidade

Turraba e turraba e turraba de novo, era o que levaba facendo anos e máis anos, turrar. Turraba ata acada-lo que buscaba (ou case), en ocasións acadabao e en ocasións non o acadaba, pero seguía turrando.

Era unha persoa deixada, tan deixada era que a moda do "vintage" e do "hipster" viñalle ben. A súa deixadez semellaba que o achegaba ó mundo bohemio tan de moda...nembargantes pasaba diso, non era o seu.

Tiña poucas cousas claras, e sabíao, cousa que non se pode dicir de moita xente. Era unha persoa limitada, sabía o que sabia facer, e tiña moi claro o que ía por enrriba das súas opcións. Nembargantes nunha ocasión a vida deulle cousas que él via por riba das súas posibilidades e fixo que fose a persoa máis leda do mundo.

E ese era o motivo de que turrase, turrase e seguise a turrar. En ocasións recibía respostas negativas, en ocasións recibía desprecio, noutras ingnorábase a súa existencia; pero nas ocasións en que acadaba o que ansiaba a ledicia era o que enchía o seu mundo.

Era unha persoa sinxela, e xusto iso era o que amosaba a súa complexidade.


martes, 23 de septiembre de 2014

¡Hoxe é noite de derbi!

¡Sí, nenos e nenas!, ¡sí miñas donas e meus señores!, ¡chega o "off topic" máis "topic" deste humilde blog!. Efectivamente, hoxe é o día, hoxe xógase o que se deu en chamar "o noso derbi" dende hai uns anos, hoxe é o Dépor - Celta.

Algún xenio "aladiniano" tixo a xenial idea de poñe-lo partixo hoxe ás dez da noite (imaxino que a volta xogarase un mércores ás dez da mañá para compensa-la cousa), así que hoxe será, hoxe xógase no medio da semana o derbi dos derbis, o derbi galego.

Chega a cousa con mala pinta para as miñas cores, despois de face-los peores vinte minutos fináis que eu vin en Riazor dende que teño uso de ¿razón? e de levar unha boa malleira tócanos ir ó sur; e tócanos xogar contra un equipo que ven dunha xeira de bo xogo (ou iso din na prensa) e resultados, polo que a cousa non pinta moi ben. Inda así, facendo o ridículo o pasado sábado e non transmitindo nada bo e sendo tan bos e tan marabillosos os nosos riváis, soamente temos unha desventaxa de dous puntos, e iso tra-lo partido de hoxe pode trocar dun xeito total.

Dito todo isto, soamente hai que engadir duas cousas: A primeira delas é que é unha mágoa que a xente da Coruña non poda ir hoxe a Vigo a ve-lo partido e a anima-lo seu equipo tranquila, xa que algún fato de cazurros podería darlles algún susto desagradable (o mesmo que desgraciadamente acontece cando son os do sur os que veñen á Coruña), é incrible que todo o ano a xente dun lado vaia ó outro (e viceversa) e que xusto hoxe non se poda facer tranquilo, pero desgraciadamente é así. E a segunda das cousas ¡hoxe imos gañar!.


¡Saude! e coma sempre no "off topic" máis "topic" ¡Forza Dépor!



P.D. Sí, xa sei que a canción máis ca un himno semella unha das cancións que eu escoito.

miércoles, 7 de mayo de 2014

Imaxinade

Imaxinade un lugar onde durante décadas mandóu a mesma persoa, no cal a xente pola rúa rendía loubas e mesmo admiración que raiaba case coaadoración divina a dito líder.

Imaxinade ese lugar onde a carón do lider xentes novas (e non tan novas) con ansias de medrar na política xurden e pernanecen no poder por moitos anos con cargos de responsabilidade.

Imaxinade unha (disque) oposición a dito líder que no fondo sinten unha atracción cuasierótica polo líder e sofren por non ter a opción de estár metidos dentro dos pantalóns desa persoa á que se supón que se enfrontan.

Imaxinade a os seguidores, amigos e mesmo familiares do líder que medran ó seu carón, que gracias ó líder acadan postos de poder non soamente no sector público senón en tódolos sectores privados, dende as finanzas á industria.

Imaxinade que o lider nomea a unha desas persoas do seu carón coma novo líder e dita persoa remata por perder dito posto de líder, que pasa a esa oposición namorada do líder inicial.

Imaxinade que esa xente que medrou co primeiro líder di defender ás xentes que perxudicaron as empresas nas cales entraron por mor de ser "xentes do líder" cando eles mandaban nelas.

Imaxinade que xentes dunha nova oposición acadan postos públicos gracias a supostos nomeamentos a dedo, mentres outras xentes loitaban por acadar (e non acadaban) eses postos que eles acadan "dixitalmente".

E finalmente imaxinade que a xente aplaude a toda esta xente.

É unha sorte que todo sexa froito da miña imaxinación e non acontecese nas rúas da cidade onde vivo.


jueves, 24 de abril de 2014

Ledicia final

Era unha xornada normal na súa vila, pero xusto era cando o señor da vila puxera unha nova lei, poderíase facer todo o que se quixese, pero sempre e cando non pisaran pedras ou herba, nese caso serían castigados; e iso era moi complexo se vivías nun pobo feito de pedra rodeado de prados nos cales comían as vacas. O señor Martíns era así, un tolo cun sadismo moi marcado

O noso amigo Xiao estaba pensativo, ¿como faría para chegar á vila do lado para face-la venda desta semana?, dábanlle liberdade para facer calquera cousa pero realmente era unha condena segura, non había xeito de salvarse do castigo do Martíns. Xa collera as cousas para vender e botaraas ó seu lombo, e agora ollaba ó carreiro polo que se chegaba á vila do lado, un carreiro que era de terra, pero que o Martíns mandara tapar con pedras facía dous días.

Estaba Xiao a ollar ó carreiro cando caeu na conta do regato que pasaba ó lado da súa casa, ¡o regato sería a súa salvación!, el iría por él e podería dicir que non ía exactamente por herba nin por pedras, senón que ía por terra mollada e por auga ¡esa era a solución!.

Esto decidiu facer Xiao, bicou á súa moza, saíu da súa casa e lanzouse ó regato. Corría coma un raio, ía salpicando ó seu redor, mollabase o pes, tanto que mesmo non notaba as súas dedas, pero ía rápido coma un lóstrego. E nesto estaba cando oiu un berro.

- ¡Alto! - gritaba un home nun cabalo - . ¡Pisaches nunha pedra do regato!, ¡tes que ser castigado polo Martíns!.

Pero Xiao non prestou atención e seguíu ó seu, corria e corría; levaba correndo uns dez minutos e a vila do lado estaba a uns cen metros. O problema era que o cabalo estaba a uns trinta metros e íao coller nun intre. O noso heróe tanto corria que esbarou e caeu no campo que estaba a carón do regato; polo campo caeu o saco que levaba ó lombo, polo campo caeu él, e posto que estaba no campo estaba pisando herba, polo que sería castigado polo señor

Estaba Xiao tirado no campo cando botou a man ó seu caron e reparou en que alí habia unha bolsa, unha pequena bolsa que lle prepararan na casa; abríuna, viu uns doces, un pano e unha codia de pan e sorríu, dáballe igual que o castigasen, esa bolsa significaban máis que tódo o demáis.


sábado, 8 de marzo de 2014

Historia de dúas mulleres

Hai moito tempo había unha muller, unha muller nova, unha muller traballadora, unha muller que sendo nova e traballadora atopouse con que tiña uns fillos que sacar adiante, e que era viúva por mor da penosa enfermidade que levara ó seu home á morte. Esta muller traballou moi duro para sacar ós seus fillos adiante; fillos que estudiaron e traballaron o campo, era o que había entón, a sociedade era unha sociedade do agro e non das cidades, e a xente de alí loitaba por mellorar, por ter uns cartos no peto e por que os seus fillos fosen algo máis, e moitos lográrono. Pero o caso é que esta muller levouno a cabo en soidade, sen a axuda de ninguén, sendo nova e loitando nun mundo e nunha sociedade na cal unha muller soa non estaba "ben vista".

Pasaron os anos e os fillos fixeronse grandes, e unha das fillas da muller herdou o bo e o malo da sua nai. Por un lado herdou a decisión de loitar, de sair adiante e de traballar día sí día tamén; pero por outro herdou que lle acontecera algo semellante ó da súa nai; os seus fillos creceron sen un pai, e ela tivo que sacalos adiante, tivo que loitar por darlles unha educación, por darlles un plato que comer tódolos días, por vestilos, por facelos persoas. E novamente, e coma a súa nai, todo foi feito en soidade, sen que ninguén dese a cara por ela (en parte porque ela tampouco ía suplica-la axuda de ninguén), e novamente nun mundo que inda que avanzaba seguía a "ver mal" a unha muller soa.

Os fillos de esta muller medraron, foron xente adulta, e chegaron a hoxe. Foron educados en ver á xente simplemente coma persoas e non en función de sexo que teñan, por iso eses fillos desa segunda muller non entenden que se celebre o día da muller traballadora, para eles é un xeito de diferenciar a parte da humanidade da outra. Este día para eses fillos é un día de tristeza, xa que non queren crer que no mundo que viven ese típo de día é preciso, xa que eles non o ven así. O caso é que eles non o ven así por mor desta historia de dúas mulleres pero, ¿será necesaria para toda a humanidade unha historia coma esta?


sábado, 23 de noviembre de 2013

A bombilla apágase ó rematar a dolce vita

Hoxe vou falar dende un punto de vista de novas eminentemente ártabras, e inda por riba novas asociadas ó mundo do ócio; para que os xenios do resto da península continuen co tópico de que a festa acontece noutras terras que (disque) teñen máis horas de sol.

Inda así non sei se as novas poden ser consideradas coma algo bo, unha delas evidentemente non, e outra delas non sei coma considerala, cando menos o que sí amosa é un valor (ou unha "chulería") moi a ter en conta.

A segunda das novas é a que, coma dixen, non sei coma valorar, moitos saberedes que a capital de Artabria (tamén coñecida coma A Coruña) ten dende hai uns anos un estrano virus no seu corpo, e ese virus é o que fai que os centros comerciáis xurdan por tódolos lados. Temos ó "centro comercial" que é "Cuatro Caminos", temos "Los Rosales", temos "Espacio Coruña", temos "Marineda CIty", temos un "Carrefour", temos un "El Corte Inglés", temos un "Alcampo" e temos un "centro comercial pantasma" chamado "Dolce Vita" (algúns dos outros que nomeéi van camiño de ser tamén outras pantasmas). Pois ese centro comercial pantasma vai trocar-lo seu obxectivo comercial, vai ser un centro puramente de ocio, que case vai abrir vintecatro horas, e que vai ter todo tipo de ocio (diurno, nocturno, de copas, actuacións, etc)...ou canto menos iso dí o seu promotor. Dito promotor dixo esta semana que mesmo que se van fletar avións para vir ó novo "Dolce Vita"...vamos que se eso no é ter valor ou "chulería" non sei moi ben o que será. Este humilde ártabro non sabe como irá este negocio (temo que mal), pero cando menos xa haberá unha cousa na Coruña que non había, ¡Poligoneros!; xa que o centro comercial en cuestión está nun polígono industrial.

E a primeira das novas da que falaba antes é eminentemente mala, é un golpe para toda a xente que algunha vez saíu polo centro da Coruña: pecha "La Bombilla". Era ese un lugar no cal entrabas a pedir tapas ou racións e saías cun garfo e un coitelo de plastico e a túa consumición nun plato de plástico e comías na rúa; era o lugar onde podías tomar una tapa de croqueta (sí, en singular, o tamaño da croqueta en cuestión e tal que soamente podes tomar unha); é un lugar onde os servilleteiros son botes de Colacao aproveitados para mete-las servilletas de papel, é un lugar...é un lugar difícil de explicar, é pequeno, pero é de sempre, sempre estívo alí pero agora vai pechar. Din que abrirá de novo as portas na primavera, pero xa será algo distinto, será un sitio de "posturéo" xa que a súa ubicación é magnifica, e será un sitio coma tantos outros, que a non será "La Bombilla", é unha auténtica magoa.

Dito isto soamente podo recomendar unha cousa, ¡temos ata finais de decembro para disfruta-lo que tivemos moitos anos! ¡imos aló!


¡Saúde!

sábado, 19 de octubre de 2013

Don't stop me now

Ó comeza-lo día xa a cousa non semellaba ir ben, tiña que entrar a traballar ás oito e eran...¡as oito menos 5!, quedárase durmido, e pensóu para él mesmo : "xa dicía eu que estaba moi descansado". Nese intre semellóu un deses "seres" que hai anos pululaban polos ordenadores de todo o mundo, os sims, cando tiñan un incendio na casa, semellaba tolo e bracexaba...o peor é que quen mellor o coñecía xa o definiu dese xeito en situacións de enfado/agobio, ¡e clavarao!.

Saíu á rúa, vivia nunha cidade onde non soía chover, pero ese día semellaba que tódolos tópicos climáticos das lonxanas Artabria e Galicia actuaban na súa cidade, ¡caían chuzos de punta!; semellaba que alguén botaba caldeiros de auga dende o ceo...así que tocaba correr para colle-lo bus.

Colleuno, e ¡á primeira!, o seu retraso ó chegar ó traballo sería moi leve, ata comezóu a rir ó pensar no ridículo que debía semellar cando bracexaba na súa casa ("xa mo recordarán de novo máis tarde", pensóu). Baixóu do bus e, con paso lixeiro, foi camiño do traballo debaixo do seu paraugas...e xusto cando entraba pola porta un coche pasou por riba dun inmenso charco a moita velocidade e salpicouno de abaixo a arriba, deixouno feito un cromo. Nese intre o sim apareceu de novo, bracexóu coma un tolo, berróu ó conductor do coche...pero non arranxóu nada ¡ia bo o conductor!, xa desaparecera e él seguía mollado coma un pito.

Entróu no traballo, e secóu a sua roupa coma puido, con toallas, con panos de papel e mesmo co secador de máns do baño, arranxóu o que puido. Xa se tranquilizara, xa pasara todo, xa podía empezar a traballar, mellor dito, pensaba que xa poderia comeza-la súa xornada cando lle din: "Tódolos servidores da India  arderon; en toda a empresa, en todo o mundo, ninguén pode traballar"; podedes imaxina-la faciana do noso amigo e o que pensaba:"¡Hai días nos que un debería quedar a durmir na cama!".

Pasaron as horas e a cousa en xeral seguía igual, non podia traballar, pero polo menos estaba seco, xa mañá vería se collera unha catarreira ou non, e nese intre soóu o seu móbil, era o seu curmán. E xusto nese máxico intre deuse de conta do parvo que era todo o mundo (él entre eles), o seu curmán dixolle qeu a súa curmá sanara, que xa non estaba enferma, que non había nada do que preocuparse, e nese inesquecible intre sorríu de verdade. Ese intre foi o intre no que viu a tontería de preocupacións que tivera nese día, foi o intre no que tivo un "subidón" de positividade que lle fixo pensar o mesmo que dí o título da canción.



domingo, 1 de septiembre de 2013

Terra

Tes unha terra, traballas esa terra, loitas por ela e tratas de acadar algo dela, algo que axude ós teus e a ti mesmo, algo bo.

Esa terra segue nas túas máns, e cando morres pasa a ser dos teus fillos, e eles víven cousas moi semellantes ó que ti sentías, senten coma se a terra fose unha continuación do seu corpo, da súa alma. Esas terras son alguén máis da tua familia, esas terras son ese algo que axudará nos intres de necesidade, será o salvavidas ó que podes asirte cando as cousas non vaian ben.

Cuidar dela, traballar nela, mirar para ela con felicidade cando ves que os teus poucos (ou moitos) esforzos teñen o seu froitos é unha ledicia...pero entón tes que ver que a esa terra pásalle esto


E non entendes nada.

jueves, 8 de agosto de 2013

Atopar

Atopábase perdido, estaba só, estaba nunha terra que non era a súa, non sabía como chegara a ela nin sabía como voltar á súa. Tentaba falar coa xente, a xente tiña un aspecto similar ó del, a cor da pel, o pelo, mesmo as súas roupas eran semellantes; moitas veces mesmo o paraban polos camiños desta estrana terra e semellaba que a xente lle preguntaba por como chegar a algún sitios... pero él non sabía nin que dicían ni como axudarlles.

Era estrano, era unha terra allea na cal el estaba solo, na cal non podía falar, unha terra con fermosos paisaxes, con xente coma él, e mesmo unha terra cómoda...pero que non podía apreciar xa que estaba illado, era unha especie de "rotonda" móbil na cal en ocasións reparaban os demáis pero....pero que non era quen de atopar nada.

Estaba a piques de entrar na desesperación, e foi xusto no intre definitivo de preocupación cando un "algo", unha especie de forza, unha especie de sentimento apareceu nel; ou ó seu carón, ou ó redor del, non sabía coma explicalo, sentíase acompañado, sentíase apoiado, mesmo querido. Xa non estaba só, xa puido falar coa xente, xa puido coñecer esa estrana terra na que caera, esa terra comezou a gustarlle máis, esa enerxía que o acompañaba fixo que apreciase esa terra, que vira a súa beleza e mesmo que apreciara ás xentes que tan semellantes a el parecían (e eran).

Acadou a forza para estar nesa terra, para saber vivila e para saber gozala. Dende ese día daba as gracias ó universo (ou ó que fixera falta) por atopar ese "algo" que o salvou nesa terra que ó principio o asustaba e que rematou apreciando; esa terra que en realidade era todo o que o rodeaba.

Atopara a súa dirección.

Atopouse.


sábado, 1 de junio de 2013

Sí, xa chegou o día, e ¡pódese!

Pois sí, chegou outra vez o "off-topic" máis "topic" deste chapuceiro blog. Era algo que agardaría calquer artabreador estandar, e mesmo os que soamente leran as trapalladas eiquí escritas  un par de veces, hoxe toca falar de fútbol, hoxe toca falar do Dépor (neste intre algúns que eu ben sei xa pecharon a páxina jejeje).

Hoxe é un deses días, un deses partidos que non se chaman "partido do século" na prensa pero que, nembargantes, o é. O meu clube (sí, son socio e accionista, xa o dixen nun par de ocasións, se queredes podedes felicitarme ou rir) non soamente ten en xogo a sua praza na primeira división, é posible que a sua continuidade coma sociedade dependa do que aconteza esta noite ás nove en Riazor.

É unha ledicia para un deportivista ver o aspecto da cidade, chea de bandeiras, bufandas, cartéis, xente vestida de branco e azul pola rúa..., é unha ledicia e agardo que sexa o preludio dunha gran festa; unha festa coma soamente os deportivistas sabemos facer (iso sí, tamén aparecerán moitos que se suban ó carro, é o que hai!).

Hoxe cando espertei e empecéi a ve-la xente pola rúa, mesmo a algún siareiro do equipo adversario, foi cando me decatéi que o día xa chegara, que hoxe é o día D e que as 21:00 (hora valeroniana por definición) é a hora H.

Soamente queda por dicir unha cousa que non por repetila mil veces deixará de ser certa.

¡Pódese!


martes, 2 de abril de 2013

Sen luz

Nalgunhas ocasións non era a persoa que acostumaba ser, semellaba que lle faltaba algo, mesmo sentíase valeiro. Eran eses días nos cales deambulaba polas rúas, os días en que comía menos, os días en que non quería falar con ninguén, nin que ninguén o molestase, días nos que rir era unha mistura dun sono e dunha estupidez..

Eran eses intres nos cales non quería facer nada, e realmente non o facía, nin no seu repetitivo traballo na fábrica, nin nunha casa que sempre estaba igual, nin nas repetitivas sesións de piscina, nin tan sequera nos antes emocionantes viaxes en moto á casa da súa familia.

Non tiña forzas, non tiña ansia, non tiña espírito.

Non tiña luz


miércoles, 13 de marzo de 2013

Derbi galego

Pois sí, é época, de cando en cando o off topic faise forte e acada o posto máis importante neste humilde blog. Vou falar do derbi deste venres, do partido entre o Dépor e o Celta.

Fai un ano fixen unha entrada similar, e ó remata-la tempada os dous equipos acadaron o posto de ascenso dende a segunda división á primeria, de feito o meu equipo pulverizóu tódolos récords de puntuación ata a data nesa categoría. O resultado foi feliz e a festa foi importante.

Pero xa pasóu un ano, atopámonos na primeira división e a situación é totalmente oposta. A liga está a rematar e posiblemente os dous equipos galegos baixarán a segunda; a min francamente preocúpame o que lle aconteza ó Real Club Deportivo, pero e que non deixa de ser "gracioso" que o Celta agardase ó noso descenso para subir e semella que ten que baixar con nós....se iso non é amor ¡que alguén mo diga!, ¡no sur non poden vivir sen nos!.

A situación é a seguite, o Dépor é ultimo, non ten trazas de mellora, temos débedas ata nos buratos dos pantalóns e un día sí e outro tamén as novas sobre nós son....lacrimóxenas. Non é matemático pero é moi posible que xa nos atopemos na, ¡qué irónico!, "Liga Adelante"; pero eu ós meus xogadores soamente lles pido unha cousa, unha cousa que se temos en conta o acontecido nesta tempada semella moi complexo, pídolles que cando remate o partido sinta que o meu escudo foi ben defendido, nada máis e nada menos. E iso o venres agardo poder vivilo.

Coma di unha pancarta posta polos Riazor Blues na Cidade Deportiva de Abegondo (O de chamalo "El Mundo del Fútbol" pareceme unha cousa .....inclasificable) "O derbi non é cuestión de vida ou morte, é moito máis!".


¡Forza Dépor!

martes, 26 de febrero de 2013

Clientela sumisa

Motivos para que unha cidade pequena, desas que na provincia de Madrid chaman de provincias amosando unha falla de cultura xeográfica......importante, saia nos medios de comunicación: Mortes violentas, roubos, accidentes de automoción, afundimento de petroleiros, incendios forestáis, desafiuzamentos (palabro que creou estes anos a RAG e que os máis vellos do lugar non coñecen pero que é xa un "Trending Topic", abraiante) mediáticos, tráfico de drogas, matrimonios incestuosos ou descubrimentos paranormáis (incluindo nesto último victorias deportivas).

Motivos para que as dúas capitáis de facto saian nos medios de comunicación: Nada, o mero feito de que saia o sol xa é unha nova.

Despois disto é abraiante escoitar algunhas cousas nos medios, lemos ou oimos cousas que fan  que semelle que hai unha especie de guerra fría entre Barcelona e Madrid, entre Madrid e Barcelona; hai dous focos de poder evidentes que se reparten tódalas importantes decisións, e polo tanto son os que se reparten os cartos; nembargantes, e en periodos alternos, semella que un deses focos sexa a vitima do outro por (cando menos) estranos motivos.

O resumo é moi sinxelo, vivimos nun país tan ridículo que todo o reducimos ó mesmo que se xoga hoxe pola noite, un simple partido de fútbol entre dúas cidades ricas. E mentres tanto os que non somos nomeados nada máis que para todo tipo de calamidades, na nosa maioria, tomaremos parte por un ou outro bando, e non nos decatamos dunha cousa; non somos máis que o seu mercado, ignorannos e adorámolos..., damos ganas de rir, semella que a máxima que dí que "O cliente sempre ten a razón" neste caso (coma noutros moitos) non funciona. E abraiante coma ignoramo-lo poder que potencialmente temos e que, nembargantes, non empregamos, abraiante.


¡Saúde!

(E sigamo-lo séquito)

domingo, 10 de febrero de 2013

Tiña frío

Tiña frío  abrigábase para pasalo e non o sacaba do corpo. Semellaba que a friaxe non saía do corpo, non tiña xeito de que o calor entrase nel.

Frío, frío e máis frío. O tremor do seu corpo non era algo normal, non había explicación algunha para ese comportamento corporal; non facía frío. estabamos en febreiro pero inda así, tras uns días de forte choiva semellaba que o tempo xa era o habitual, mesmo algunhas raiolas de sol saían entre as nubes, semellaba o típico parón entre treboadas e treboadas invernáis.

Cando ia pola rúa pensaba que era Bibendum, mesmo non se podía mover con liberdade; e xa non falamos de sentarse, iso era todo un espectáculo, tiña tal cantidade de capas que o feito de flexiona-lo seu corpo era digno de protagonizar un programa de "Fenómenos Sociáis" (se é que iso existe).

Pero seguía a tremer, semellaba que algo ía mal nel e estaba preocupado. Ata que un día estaba na súa casa loitando por raña-las súas costas e oíu coma petaban na porta. Foi o máis rápido que os temblores do seu corpo lle deixaban e abriu, alí estaba o carteiro cunha carta certificada, el abríuna, e atopou unha mensaxe moi sinxela:

"Ola"

E repentinamente o frío pasóu.


viernes, 25 de enero de 2013

Quedáballe a lareira

Cando empezóu a chover xa era de noite, non tiña moitos sitios onde ir, así que lembróu a casa da súa familia, era unha casa vella, medio derruida, pero era unha casa ó fin e ó cabo.

Votou unha boa carreira ata chegar aló, e víu as fiestras escachadas, pero a porta inda estaba ahí. Abríu a porta, xa non había luz, xa non habia auga, a vexetación fixérase dona da casa (e semellaba estar moi cómoda).  Ollóu ó seu redor, todo eran restos dunha vida anterior, diríase mesmo que eran os restos dunha bonanza, dun esplendor, que no seu día existíu pero que agora non se vía por ningures. 

Inda así ollaba ó exterior, a través das fiestras rotas podíase ver o campo, os camiños que estaban preto da casa da súa familia, as antigas terras de labranza que agora ou ben eran simples montes (con algúns piñeiros e moitos eucalíptos) ou ben eran pastos para as poucas vacas que había no pobo. Ó seu redor pasaba o mesmo que na casa da familia, o esplendor desaparecera.

Nembargantes él estaba baixo un teito, un teito en malas condicións sí, pero un teito no cal a choiva non o mollaba e a treboada non o collía. Agardou a que chegara o día e a choiva seguía, pero xa podía saír fora, inda que fora....fora todo seguía igual, os restos das boas épocas da súa familia tiñaos diante del; os restos dun campo puxante tiñaos moi preto, un pouco máis aló tiña os restos dunhas cidades ambiciosas, e indo máis lonxe vía os restos dun país que foi ambicioso, que foi puxante e que pensóu ser algo que realmente nunca fora (e se o foi non o parecía).

Tras pensar iso voltou sobre os seus pasos e entrou na vella casa da súa familia, colleu madeira e tras botala na lareira prendéu lume, sentiu o calor do lume e comezóu a rir, alomenos sempre tería o calor da lareira da súa casa. Alomenos algo tiña.


sábado, 12 de enero de 2013

Abraiantes novas

Xa levaba tempo sen escribir, semellaba que o Ártabro marchara, non foi así, simplemente está a pasar por unha etapa na cal semella estar atado á súa cadeira do traballo con unico espaecemento que lle da ollar pola fiestra cada certo tempo (alomenos ten boas vistas).

Nestes días pasaron moitas cousas, pero hai algunhas que me chamaron fortemente a atención, unha delas atopámola lonxe de Artabria, xusto no lado oposto da península ibérica, e a otra na capital ártabra, non hai que ir moi lonxe.

O primeiro dos feitos foi o "espectáculo" vivido na inauguración do AVE que acada a comunicación entre tódalas capitáis de provincia de Cataluña; nesta inauguración xuntaron na mesma ringleira de asentos do tren ó Principe Felipe, a Rajoy, a Mas e a Ana Pastor. Como soe acontecer nestes actos tódos presumen do bos , algos, guapos, loiros e o grande que a teñen (desculpen os oídos sensibles pola brutal metafora); pero recoñezo que escachéi a rir cando escoitéi ó señor Mas dicir que as inversións en Cataluña no eido das infraestructuras eran pequenas xa que ¡eles son os máis ricos! (é o que significa que diga que son os que máis aportan ó PIB, non nos enganemos). Home, chamádeme o que queirades, pero tendo en conta que en Galicia non temos nin tan sequera comunicacións por autovía entre as catro capitáis de de povincia...síntome algo insultado se alguén ven a dicir  "se son máis rico quero máis cousas, e o de reparti-la riqueza do que falan os impostos progresivos non vai comigo". Abraiante.

O segundo dos feitos que me sorprenderon foi a nova (non por pouco agardada menos mala) de que o Dépor entra en Concurso de Acreedores (unha forma políticamente correcta de chamarlle é Suspensión de Pagos de toda a vida). Que o clube dos meus amores chegue a esto merece tódolos reportaxes do mundo nas páxinas deportivas, e merece que se acuse ós (ou ó) responsables (ou responsable), pero xustamente por ser un clube deportivo, soamente ten que sair nese tipo de páxinas; non ten lóxica que as páxinas principáis do xornal de máis tirada de Galicia se adiquen a iso, e menos se lle adicamos máis follas que á corrupción en Ourense, en Compostela, en Lugo,  ós desaires comparativos de Mas, ó ninguneo á xente na lea de NGB, etc. etc. Novamente abraiante.

Pero ben, coma xa dixen moitas veces, o mapa de España podería ser coma o deste enlace; é normal que os ricos protesten por non ter moito máis que os pobres, e é normal que as guerras caciquis locáis relacionadas con opio do pobo sexan máis importantes que unha política corrupta e unha economía que vai ó garete.



¡Saúde!

P.D. Graciñas (ou esker) polo asesoramento musical.

sábado, 8 de diciembre de 2012

A moza Loita

Loita era o seu nome, nada máis nacer os seus pais viron coma pelexaba por sair do berce, por comer, por tratar de gatear e non tiveron dúbida, a rapaza chamaríase Loita (inda que fose un nome estrano).

Loitou de nena, cando os seus compañeiros rían dela polo seu nome, por sorte en canto se detacataban de coma era non so entendían o seu nome, senón que envexaban non ter un nome tan definitorio coma o dela, chamarte Pablo, Iago, María ou José non dicía nada dun.

Loitou cando chegou á dura época do instituto, amosou que loitaba na clase e na vida, que era quen de afronta-las situacións máis estranas e que era quen de adaptarse ós trocos que a vida levaba implícitos.

Loitou cando comezóu a ser unha adulta, cando marchou da casa por primeira vez, por segunda, por terceira e as veces que o fixo (e segue a facer se é preciso). Loitou e plantou cara a situacións en distintos pobos, con distintas persoas e mesmo con distintas falas, e saíu desas situacións, ¡sí, saíu!.

Pero nembargantes ela non se decataba do seu nome, non lle gustaba precisamente por non decatarse que Loita (ese nome que ela lía no seu DNI tódolos días que botaba man del) non soamente a nomeaba, senón que a definía.

A nosa amiga Loita segue a loitar, e inda que ela non o saiba, gañará a maioría das veces que loite, o seu nome é o seu destino.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Miope

"Non deixo de ollar ó meu ombligo",era o que pensaba o noso amigo. Levaba días, días e máis días laiándose pola súa existencia. A súa vida non deixaba de ser un "eu, eu, eu, e logo, falaremos de min edo mal que estou",

As súas queixas non paraban, os seus lamentos eran contínuos, non chegou a berrar....ou se cadra sí que o fixo. Todo era unha queixa continua e semellaba (e mesmo afirmaba) que á súa existencia acompañabaa unha especie de compót xudeu-masónico que pretendía rematar con él.

Pero chegou un día, un día no cal semellaba que atopara unha boa pá para facer máis e máis grande o burato polo que chegaba ó seu fondo, no cal reparou na realidade. Sempre aparece algo ou alguén que axuda neses intres e o noso amigo atopouno. Tras atopalo ollou ó seu redor, e ¿qué foi o que víu?, pois víu xente no paro (moitos millóns), víu xente que empezaba a ter fame, víu xente á cal agresivas políticas de venda polo mero feito de vender lles bloquearan os seus aforros, víu corrupción política, viu corrupción empresarial (e mesmo sindical), víu desigualdades sociáis, víu enfrontamentos armados entre países, víu enfrontamentos nas rúas,  víu vagas de fame en algúns continentes, e víu xente loitando por acadar un suposto futuro mellor lonxe das súas casas e que (por desgracia) semella non existir.

Viu todo iso, e deixou de olla-lo seu ombligo, reparóu que os seus laios eran absurdos; reparóu que, inda que nalgúns momentos sufría, na maioría dos seus momentos non era así, e iso fixoo sorrir. E todo iso acadóuno porque algún factor fixo que reparara niso. Ese factor deulle, coma diría o Ártabro, ¡saúde!.

martes, 30 de octubre de 2012

Final descoñecido

Non era xusto; loitou, pelexou, adicou tempo, todo o tempo que acadou empregouno.

Fixo tódalas cousas posibles, e mesmo recibiu todo o apoio da sua xente querida.

Plantou cara a centos de dificultades, marchou a uns sitios para afrontalas, e marchou a outros para aprender a afrontalas.

Aprendeu, e empregou o aprendido para mellorar e acadar os seus obxetivos, que non eran outros que mellorar.

Acadou a meta que buscaba tras suar e chorar (sen saber xa en cal orde aconteceran esas dúas cousas ó longo do camiño).

Agora a meta semellaba unha trampa, e iso era o que non era xusto; pero inda non o sabía ninguén.

Non o sabía ninguén xa que o final do conto inda estaba por ser escrito, e xusto iso tiña que sabelo e repetilo na súa mente.

Ese fin do conto inda non existia, e a causa era moi sinxela. O conto inda non rematara e era o protagonista o que redactaría o final, polo que o fin podería ser bo.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Galicia ¿decide?

Sí amiguiños, fartéi de escoitar que o día 21 é cando Galicia decide...; son as verbas que tódolos ""candidatos"" empregan ata desgastalas dun xeito que non sabes se son verbas ou unha rara forma xeolóxica.

Decidimos; sí, sí decidimos moitas cousas. Por exemplo, decidimos.....se nos dan por algún esfínter dende o PP ou dende o PSOE.

Decidimos se apoiamos un goberno en Madrid que ten coma segundo nome "fago o que antes critiquéi, pero mandáronme"; ou se apoiamos a unha oposición en Madrid que ten coma segundo nome "eu fixen os recortes antes pero non me lembro, e se os fixen mandáronme".

Decidimos se temos que apoiar ó que antes era un partido nacionalista e que agora son un fato deles ós cales custa distinguir, e que ata ¡empregan lemas electoráis semellantes!.

Decidimos se queremos que no parlamento galego os deputados sexan potenciáis presuntos delincuentes ou se directamente preferimos que os delincuentes que estiveron na cárcere, precisamente por mala xestión bancaria, estéan no noso parlamento. Algún dí que é unha vantaxe ¡xa sabemos que son uns ladróns!, non hai dúbida algunha nesto último.

Decidimos se queremos que un partido cuia líder considera que galego pode ser considerado coma algo despectivo esté no parlamento. O curioso é que a líder en cuestión non rectificou, e mesmo os membros (o de membras que o diga o pailán ou a pailana do pobo xa que négome a dicilo) galegos do seu partido non o entendían.

Decidimos moitas cousas; pero o feito de que os partidos do Real Clube Deportivo e do Celta de Vigo contra o Barcelona e o Madrid fosen a fin de semana das eleccións preocupóu moito...., iso amosa ben ás claras o que se decide. Francamente, decidir decidiremos pero ¿alguén podería dicirme qué?.

De tódolos xeitos íde votar, é o que debemos facer, penso que é evidente o que eu faréi (pista: votar votaréi).

E coma din por ahí, xa que a música amansa ás bestas... relaxémonos todos un pouco con algo de música.

 
¡Saúde!