jueves, 8 de agosto de 2013

Atopar

Atopábase perdido, estaba só, estaba nunha terra que non era a súa, non sabía como chegara a ela nin sabía como voltar á súa. Tentaba falar coa xente, a xente tiña un aspecto similar ó del, a cor da pel, o pelo, mesmo as súas roupas eran semellantes; moitas veces mesmo o paraban polos camiños desta estrana terra e semellaba que a xente lle preguntaba por como chegar a algún sitios... pero él non sabía nin que dicían ni como axudarlles.

Era estrano, era unha terra allea na cal el estaba solo, na cal non podía falar, unha terra con fermosos paisaxes, con xente coma él, e mesmo unha terra cómoda...pero que non podía apreciar xa que estaba illado, era unha especie de "rotonda" móbil na cal en ocasións reparaban os demáis pero....pero que non era quen de atopar nada.

Estaba a piques de entrar na desesperación, e foi xusto no intre definitivo de preocupación cando un "algo", unha especie de forza, unha especie de sentimento apareceu nel; ou ó seu carón, ou ó redor del, non sabía coma explicalo, sentíase acompañado, sentíase apoiado, mesmo querido. Xa non estaba só, xa puido falar coa xente, xa puido coñecer esa estrana terra na que caera, esa terra comezou a gustarlle máis, esa enerxía que o acompañaba fixo que apreciase esa terra, que vira a súa beleza e mesmo que apreciara ás xentes que tan semellantes a el parecían (e eran).

Acadou a forza para estar nesa terra, para saber vivila e para saber gozala. Dende ese día daba as gracias ó universo (ou ó que fixera falta) por atopar ese "algo" que o salvou nesa terra que ó principio o asustaba e que rematou apreciando; esa terra que en realidade era todo o que o rodeaba.

Atopara a súa dirección.

Atopouse.


No hay comentarios:

Publicar un comentario