miércoles, 7 de mayo de 2014

Imaxinade

Imaxinade un lugar onde durante décadas mandóu a mesma persoa, no cal a xente pola rúa rendía loubas e mesmo admiración que raiaba case coaadoración divina a dito líder.

Imaxinade ese lugar onde a carón do lider xentes novas (e non tan novas) con ansias de medrar na política xurden e pernanecen no poder por moitos anos con cargos de responsabilidade.

Imaxinade unha (disque) oposición a dito líder que no fondo sinten unha atracción cuasierótica polo líder e sofren por non ter a opción de estár metidos dentro dos pantalóns desa persoa á que se supón que se enfrontan.

Imaxinade a os seguidores, amigos e mesmo familiares do líder que medran ó seu carón, que gracias ó líder acadan postos de poder non soamente no sector público senón en tódolos sectores privados, dende as finanzas á industria.

Imaxinade que o lider nomea a unha desas persoas do seu carón coma novo líder e dita persoa remata por perder dito posto de líder, que pasa a esa oposición namorada do líder inicial.

Imaxinade que esa xente que medrou co primeiro líder di defender ás xentes que perxudicaron as empresas nas cales entraron por mor de ser "xentes do líder" cando eles mandaban nelas.

Imaxinade que xentes dunha nova oposición acadan postos públicos gracias a supostos nomeamentos a dedo, mentres outras xentes loitaban por acadar (e non acadaban) eses postos que eles acadan "dixitalmente".

E finalmente imaxinade que a xente aplaude a toda esta xente.

É unha sorte que todo sexa froito da miña imaxinación e non acontecese nas rúas da cidade onde vivo.