martes, 23 de septiembre de 2014

¡Hoxe é noite de derbi!

¡Sí, nenos e nenas!, ¡sí miñas donas e meus señores!, ¡chega o "off topic" máis "topic" deste humilde blog!. Efectivamente, hoxe é o día, hoxe xógase o que se deu en chamar "o noso derbi" dende hai uns anos, hoxe é o Dépor - Celta.

Algún xenio "aladiniano" tixo a xenial idea de poñe-lo partixo hoxe ás dez da noite (imaxino que a volta xogarase un mércores ás dez da mañá para compensa-la cousa), así que hoxe será, hoxe xógase no medio da semana o derbi dos derbis, o derbi galego.

Chega a cousa con mala pinta para as miñas cores, despois de face-los peores vinte minutos fináis que eu vin en Riazor dende que teño uso de ¿razón? e de levar unha boa malleira tócanos ir ó sur; e tócanos xogar contra un equipo que ven dunha xeira de bo xogo (ou iso din na prensa) e resultados, polo que a cousa non pinta moi ben. Inda así, facendo o ridículo o pasado sábado e non transmitindo nada bo e sendo tan bos e tan marabillosos os nosos riváis, soamente temos unha desventaxa de dous puntos, e iso tra-lo partido de hoxe pode trocar dun xeito total.

Dito todo isto, soamente hai que engadir duas cousas: A primeira delas é que é unha mágoa que a xente da Coruña non poda ir hoxe a Vigo a ve-lo partido e a anima-lo seu equipo tranquila, xa que algún fato de cazurros podería darlles algún susto desagradable (o mesmo que desgraciadamente acontece cando son os do sur os que veñen á Coruña), é incrible que todo o ano a xente dun lado vaia ó outro (e viceversa) e que xusto hoxe non se poda facer tranquilo, pero desgraciadamente é así. E a segunda das cousas ¡hoxe imos gañar!.


¡Saude! e coma sempre no "off topic" máis "topic" ¡Forza Dépor!



P.D. Sí, xa sei que a canción máis ca un himno semella unha das cancións que eu escoito.

1 comentario: