Nestes días pasaron moitas cousas, pero hai algunhas que me chamaron fortemente a atención, unha delas atopámola lonxe de Artabria, xusto no lado oposto da península ibérica, e a otra na capital ártabra, non hai que ir moi lonxe.
O primeiro dos feitos foi o "espectáculo" vivido na inauguración do AVE que acada a comunicación entre tódalas capitáis de provincia de Cataluña; nesta inauguración xuntaron na mesma ringleira de asentos do tren ó Principe Felipe, a Rajoy, a Mas e a Ana Pastor. Como soe acontecer nestes actos tódos presumen do bos , algos, guapos, loiros e o grande que a teñen (desculpen os oídos sensibles pola brutal metafora); pero recoñezo que escachéi a rir cando escoitéi ó señor Mas dicir que as inversións en Cataluña no eido das infraestructuras eran pequenas xa que ¡eles son os máis ricos! (é o que significa que diga que son os que máis aportan ó PIB, non nos enganemos). Home, chamádeme o que queirades, pero tendo en conta que en Galicia non temos nin tan sequera comunicacións por autovía entre as catro capitáis de de povincia...síntome algo insultado se alguén ven a dicir "se son máis rico quero máis cousas, e o de reparti-la riqueza do que falan os impostos progresivos non vai comigo". Abraiante.
O segundo dos feitos que me sorprenderon foi a nova (non por pouco agardada menos mala) de que o Dépor entra en Concurso de Acreedores (unha forma políticamente correcta de chamarlle é Suspensión de Pagos de toda a vida). Que o clube dos meus amores chegue a esto merece tódolos reportaxes do mundo nas páxinas deportivas, e merece que se acuse ós (ou ó) responsables (ou responsable), pero xustamente por ser un clube deportivo, soamente ten que sair nese tipo de páxinas; non ten lóxica que as páxinas principáis do xornal de máis tirada de Galicia se adiquen a iso, e menos se lle adicamos máis follas que á corrupción en Ourense, en Compostela, en Lugo, ós desaires comparativos de Mas, ó ninguneo á xente na lea de NGB, etc. etc. Novamente abraiante.
Pero ben, coma xa dixen moitas veces, o mapa de España podería ser coma o deste enlace; é normal que os ricos protesten por non ter moito máis que os pobres, e é normal que as guerras caciquis locáis relacionadas con opio do pobo sexan máis importantes que unha política corrupta e unha economía que vai ó garete.
¡Saúde!
P.D. Graciñas (ou esker) polo asesoramento musical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario