viernes, 25 de enero de 2013

Quedáballe a lareira

Cando empezóu a chover xa era de noite, non tiña moitos sitios onde ir, así que lembróu a casa da súa familia, era unha casa vella, medio derruida, pero era unha casa ó fin e ó cabo.

Votou unha boa carreira ata chegar aló, e víu as fiestras escachadas, pero a porta inda estaba ahí. Abríu a porta, xa non había luz, xa non habia auga, a vexetación fixérase dona da casa (e semellaba estar moi cómoda).  Ollóu ó seu redor, todo eran restos dunha vida anterior, diríase mesmo que eran os restos dunha bonanza, dun esplendor, que no seu día existíu pero que agora non se vía por ningures. 

Inda así ollaba ó exterior, a través das fiestras rotas podíase ver o campo, os camiños que estaban preto da casa da súa familia, as antigas terras de labranza que agora ou ben eran simples montes (con algúns piñeiros e moitos eucalíptos) ou ben eran pastos para as poucas vacas que había no pobo. Ó seu redor pasaba o mesmo que na casa da familia, o esplendor desaparecera.

Nembargantes él estaba baixo un teito, un teito en malas condicións sí, pero un teito no cal a choiva non o mollaba e a treboada non o collía. Agardou a que chegara o día e a choiva seguía, pero xa podía saír fora, inda que fora....fora todo seguía igual, os restos das boas épocas da súa familia tiñaos diante del; os restos dun campo puxante tiñaos moi preto, un pouco máis aló tiña os restos dunhas cidades ambiciosas, e indo máis lonxe vía os restos dun país que foi ambicioso, que foi puxante e que pensóu ser algo que realmente nunca fora (e se o foi non o parecía).

Tras pensar iso voltou sobre os seus pasos e entrou na vella casa da súa familia, colleu madeira e tras botala na lareira prendéu lume, sentiu o calor do lume e comezóu a rir, alomenos sempre tería o calor da lareira da súa casa. Alomenos algo tiña.


2 comentarios:

  1. As cores da lareira,mervellos azuis e amarelos todos;horas podo votar mirando pra eles;fermoso tempo o pasado,cando quenta o teu presente

    ResponderEliminar
  2. Gracias polo comentario!.

    Xa se sabe, ó final son poucas as cousas que nos quedan, e teríamos que comenzar a valoralas.

    ResponderEliminar