As súas queixas non paraban, os seus lamentos eran contínuos, non chegou a berrar....ou se cadra sí que o fixo. Todo era unha queixa continua e semellaba (e mesmo afirmaba) que á súa existencia acompañabaa unha especie de compót xudeu-masónico que pretendía rematar con él.
Pero chegou un día, un día no cal semellaba que atopara unha boa pá para facer máis e máis grande o burato polo que chegaba ó seu fondo, no cal reparou na realidade. Sempre aparece algo ou alguén que axuda neses intres e o noso amigo atopouno. Tras atopalo ollou ó seu redor, e ¿qué foi o que víu?, pois víu xente no paro (moitos millóns), víu xente que empezaba a ter fame, víu xente á cal agresivas políticas de venda polo mero feito de vender lles bloquearan os seus aforros, víu corrupción política, viu corrupción empresarial (e mesmo sindical), víu desigualdades sociáis, víu enfrontamentos armados entre países, víu enfrontamentos nas rúas, víu vagas de fame en algúns continentes, e víu xente loitando por acadar un suposto futuro mellor lonxe das súas casas e que (por desgracia) semella non existir.
Viu todo iso, e deixou de olla-lo seu ombligo, reparóu que os seus laios eran absurdos; reparóu que, inda que nalgúns momentos sufría, na maioría dos seus momentos non era así, e iso fixoo sorrir. E todo iso acadóuno porque algún factor fixo que reparara niso. Ese factor deulle, coma diría o Ártabro, ¡saúde!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario