sábado, 8 de diciembre de 2012

A moza Loita

Loita era o seu nome, nada máis nacer os seus pais viron coma pelexaba por sair do berce, por comer, por tratar de gatear e non tiveron dúbida, a rapaza chamaríase Loita (inda que fose un nome estrano).

Loitou de nena, cando os seus compañeiros rían dela polo seu nome, por sorte en canto se detacataban de coma era non so entendían o seu nome, senón que envexaban non ter un nome tan definitorio coma o dela, chamarte Pablo, Iago, María ou José non dicía nada dun.

Loitou cando chegou á dura época do instituto, amosou que loitaba na clase e na vida, que era quen de afronta-las situacións máis estranas e que era quen de adaptarse ós trocos que a vida levaba implícitos.

Loitou cando comezóu a ser unha adulta, cando marchou da casa por primeira vez, por segunda, por terceira e as veces que o fixo (e segue a facer se é preciso). Loitou e plantou cara a situacións en distintos pobos, con distintas persoas e mesmo con distintas falas, e saíu desas situacións, ¡sí, saíu!.

Pero nembargantes ela non se decataba do seu nome, non lle gustaba precisamente por non decatarse que Loita (ese nome que ela lía no seu DNI tódolos días que botaba man del) non soamente a nomeaba, senón que a definía.

A nosa amiga Loita segue a loitar, e inda que ela non o saiba, gañará a maioría das veces que loite, o seu nome é o seu destino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario