sábado, 23 de noviembre de 2013

A bombilla apágase ó rematar a dolce vita

Hoxe vou falar dende un punto de vista de novas eminentemente ártabras, e inda por riba novas asociadas ó mundo do ócio; para que os xenios do resto da península continuen co tópico de que a festa acontece noutras terras que (disque) teñen máis horas de sol.

Inda así non sei se as novas poden ser consideradas coma algo bo, unha delas evidentemente non, e outra delas non sei coma considerala, cando menos o que sí amosa é un valor (ou unha "chulería") moi a ter en conta.

A segunda das novas é a que, coma dixen, non sei coma valorar, moitos saberedes que a capital de Artabria (tamén coñecida coma A Coruña) ten dende hai uns anos un estrano virus no seu corpo, e ese virus é o que fai que os centros comerciáis xurdan por tódolos lados. Temos ó "centro comercial" que é "Cuatro Caminos", temos "Los Rosales", temos "Espacio Coruña", temos "Marineda CIty", temos un "Carrefour", temos un "El Corte Inglés", temos un "Alcampo" e temos un "centro comercial pantasma" chamado "Dolce Vita" (algúns dos outros que nomeéi van camiño de ser tamén outras pantasmas). Pois ese centro comercial pantasma vai trocar-lo seu obxectivo comercial, vai ser un centro puramente de ocio, que case vai abrir vintecatro horas, e que vai ter todo tipo de ocio (diurno, nocturno, de copas, actuacións, etc)...ou canto menos iso dí o seu promotor. Dito promotor dixo esta semana que mesmo que se van fletar avións para vir ó novo "Dolce Vita"...vamos que se eso no é ter valor ou "chulería" non sei moi ben o que será. Este humilde ártabro non sabe como irá este negocio (temo que mal), pero cando menos xa haberá unha cousa na Coruña que non había, ¡Poligoneros!; xa que o centro comercial en cuestión está nun polígono industrial.

E a primeira das novas da que falaba antes é eminentemente mala, é un golpe para toda a xente que algunha vez saíu polo centro da Coruña: pecha "La Bombilla". Era ese un lugar no cal entrabas a pedir tapas ou racións e saías cun garfo e un coitelo de plastico e a túa consumición nun plato de plástico e comías na rúa; era o lugar onde podías tomar una tapa de croqueta (sí, en singular, o tamaño da croqueta en cuestión e tal que soamente podes tomar unha); é un lugar onde os servilleteiros son botes de Colacao aproveitados para mete-las servilletas de papel, é un lugar...é un lugar difícil de explicar, é pequeno, pero é de sempre, sempre estívo alí pero agora vai pechar. Din que abrirá de novo as portas na primavera, pero xa será algo distinto, será un sitio de "posturéo" xa que a súa ubicación é magnifica, e será un sitio coma tantos outros, que a non será "La Bombilla", é unha auténtica magoa.

Dito isto soamente podo recomendar unha cousa, ¡temos ata finais de decembro para disfruta-lo que tivemos moitos anos! ¡imos aló!


¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario