viernes, 24 de octubre de 2014

Sinxela complexidade

Turraba e turraba e turraba de novo, era o que levaba facendo anos e máis anos, turrar. Turraba ata acada-lo que buscaba (ou case), en ocasións acadabao e en ocasións non o acadaba, pero seguía turrando.

Era unha persoa deixada, tan deixada era que a moda do "vintage" e do "hipster" viñalle ben. A súa deixadez semellaba que o achegaba ó mundo bohemio tan de moda...nembargantes pasaba diso, non era o seu.

Tiña poucas cousas claras, e sabíao, cousa que non se pode dicir de moita xente. Era unha persoa limitada, sabía o que sabia facer, e tiña moi claro o que ía por enrriba das súas opcións. Nembargantes nunha ocasión a vida deulle cousas que él via por riba das súas posibilidades e fixo que fose a persoa máis leda do mundo.

E ese era o motivo de que turrase, turrase e seguise a turrar. En ocasións recibía respostas negativas, en ocasións recibía desprecio, noutras ingnorábase a súa existencia; pero nas ocasións en que acadaba o que ansiaba a ledicia era o que enchía o seu mundo.

Era unha persoa sinxela, e xusto iso era o que amosaba a súa complexidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario