martes, 2 de abril de 2013

Sen luz

Nalgunhas ocasións non era a persoa que acostumaba ser, semellaba que lle faltaba algo, mesmo sentíase valeiro. Eran eses días nos cales deambulaba polas rúas, os días en que comía menos, os días en que non quería falar con ninguén, nin que ninguén o molestase, días nos que rir era unha mistura dun sono e dunha estupidez..

Eran eses intres nos cales non quería facer nada, e realmente non o facía, nin no seu repetitivo traballo na fábrica, nin nunha casa que sempre estaba igual, nin nas repetitivas sesións de piscina, nin tan sequera nos antes emocionantes viaxes en moto á casa da súa familia.

Non tiña forzas, non tiña ansia, non tiña espírito.

Non tiña luz


No hay comentarios:

Publicar un comentario