miércoles, 13 de marzo de 2013

Derbi galego

Pois sí, é época, de cando en cando o off topic faise forte e acada o posto máis importante neste humilde blog. Vou falar do derbi deste venres, do partido entre o Dépor e o Celta.

Fai un ano fixen unha entrada similar, e ó remata-la tempada os dous equipos acadaron o posto de ascenso dende a segunda división á primeria, de feito o meu equipo pulverizóu tódolos récords de puntuación ata a data nesa categoría. O resultado foi feliz e a festa foi importante.

Pero xa pasóu un ano, atopámonos na primeira división e a situación é totalmente oposta. A liga está a rematar e posiblemente os dous equipos galegos baixarán a segunda; a min francamente preocúpame o que lle aconteza ó Real Club Deportivo, pero e que non deixa de ser "gracioso" que o Celta agardase ó noso descenso para subir e semella que ten que baixar con nós....se iso non é amor ¡que alguén mo diga!, ¡no sur non poden vivir sen nos!.

A situación é a seguite, o Dépor é ultimo, non ten trazas de mellora, temos débedas ata nos buratos dos pantalóns e un día sí e outro tamén as novas sobre nós son....lacrimóxenas. Non é matemático pero é moi posible que xa nos atopemos na, ¡qué irónico!, "Liga Adelante"; pero eu ós meus xogadores soamente lles pido unha cousa, unha cousa que se temos en conta o acontecido nesta tempada semella moi complexo, pídolles que cando remate o partido sinta que o meu escudo foi ben defendido, nada máis e nada menos. E iso o venres agardo poder vivilo.

Coma di unha pancarta posta polos Riazor Blues na Cidade Deportiva de Abegondo (O de chamalo "El Mundo del Fútbol" pareceme unha cousa .....inclasificable) "O derbi non é cuestión de vida ou morte, é moito máis!".


¡Forza Dépor!

1 comentario:

  1. E finalmente gañamos, gañou o Dépor nun partido que tivo de todo. Algúns "xogadores" do contrario coma Iago Aspas https://www.youtube.com/watch?v=-Mr5ML5llqo(que pena de rapaz....se tivese cabeza...) e Hugo Mallo https://www.youtube.com/watch?v=-KGz6aJaAcU http://estaticos.sport.es/resources/jpg/6/7/1363370281276.jpg (pódese dicir o mesmo, aparentemente, inda que semella que ó mellor este ten máis arranxo) fixeron o ridículo; pero o importante é a nosa vitoria.

    Seguramente baixemos, pero se seguimos a amosar boa imaxe polo menos baiixaremos coa testa ben alta.

    ¡Forza Dépor!

    ResponderEliminar