Motivos para que as dúas capitáis de facto saian nos medios de comunicación: Nada, o mero feito de que saia o sol xa é unha nova.
Despois disto é abraiante escoitar algunhas cousas nos medios, lemos ou oimos cousas que fan que semelle que hai unha especie de guerra fría entre Barcelona e Madrid, entre Madrid e Barcelona; hai dous focos de poder evidentes que se reparten tódalas importantes decisións, e polo tanto son os que se reparten os cartos; nembargantes, e en periodos alternos, semella que un deses focos sexa a vitima do outro por (cando menos) estranos motivos.
O resumo é moi sinxelo, vivimos nun país tan ridículo que todo o reducimos ó mesmo que se xoga hoxe pola noite, un simple partido de fútbol entre dúas cidades ricas. E mentres tanto os que non somos nomeados nada máis que para todo tipo de calamidades, na nosa maioria, tomaremos parte por un ou outro bando, e non nos decatamos dunha cousa; non somos máis que o seu mercado, ignorannos e adorámolos..., damos ganas de rir, semella que a máxima que dí que "O cliente sempre ten a razón" neste caso (coma noutros moitos) non funciona. E abraiante coma ignoramo-lo poder que potencialmente temos e que, nembargantes, non empregamos, abraiante.
¡Saúde!
(E sigamo-lo séquito)
http://fraesma.blogspot.com.es/search?updated-min=2012-01-01T00:00:00%2B01:00&updated-max=2013-01-01T00:00:00%2B01:00&max-results=26
ResponderEliminar