martes, 30 de octubre de 2012

Final descoñecido

Non era xusto; loitou, pelexou, adicou tempo, todo o tempo que acadou empregouno.

Fixo tódalas cousas posibles, e mesmo recibiu todo o apoio da sua xente querida.

Plantou cara a centos de dificultades, marchou a uns sitios para afrontalas, e marchou a outros para aprender a afrontalas.

Aprendeu, e empregou o aprendido para mellorar e acadar os seus obxetivos, que non eran outros que mellorar.

Acadou a meta que buscaba tras suar e chorar (sen saber xa en cal orde aconteceran esas dúas cousas ó longo do camiño).

Agora a meta semellaba unha trampa, e iso era o que non era xusto; pero inda non o sabía ninguén.

Non o sabía ninguén xa que o final do conto inda estaba por ser escrito, e xusto iso tiña que sabelo e repetilo na súa mente.

Ese fin do conto inda non existia, e a causa era moi sinxela. O conto inda non rematara e era o protagonista o que redactaría o final, polo que o fin podería ser bo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario