sábado, 19 de octubre de 2013

Don't stop me now

Ó comeza-lo día xa a cousa non semellaba ir ben, tiña que entrar a traballar ás oito e eran...¡as oito menos 5!, quedárase durmido, e pensóu para él mesmo : "xa dicía eu que estaba moi descansado". Nese intre semellóu un deses "seres" que hai anos pululaban polos ordenadores de todo o mundo, os sims, cando tiñan un incendio na casa, semellaba tolo e bracexaba...o peor é que quen mellor o coñecía xa o definiu dese xeito en situacións de enfado/agobio, ¡e clavarao!.

Saíu á rúa, vivia nunha cidade onde non soía chover, pero ese día semellaba que tódolos tópicos climáticos das lonxanas Artabria e Galicia actuaban na súa cidade, ¡caían chuzos de punta!; semellaba que alguén botaba caldeiros de auga dende o ceo...así que tocaba correr para colle-lo bus.

Colleuno, e ¡á primeira!, o seu retraso ó chegar ó traballo sería moi leve, ata comezóu a rir ó pensar no ridículo que debía semellar cando bracexaba na súa casa ("xa mo recordarán de novo máis tarde", pensóu). Baixóu do bus e, con paso lixeiro, foi camiño do traballo debaixo do seu paraugas...e xusto cando entraba pola porta un coche pasou por riba dun inmenso charco a moita velocidade e salpicouno de abaixo a arriba, deixouno feito un cromo. Nese intre o sim apareceu de novo, bracexóu coma un tolo, berróu ó conductor do coche...pero non arranxóu nada ¡ia bo o conductor!, xa desaparecera e él seguía mollado coma un pito.

Entróu no traballo, e secóu a sua roupa coma puido, con toallas, con panos de papel e mesmo co secador de máns do baño, arranxóu o que puido. Xa se tranquilizara, xa pasara todo, xa podía empezar a traballar, mellor dito, pensaba que xa poderia comeza-la súa xornada cando lle din: "Tódolos servidores da India  arderon; en toda a empresa, en todo o mundo, ninguén pode traballar"; podedes imaxina-la faciana do noso amigo e o que pensaba:"¡Hai días nos que un debería quedar a durmir na cama!".

Pasaron as horas e a cousa en xeral seguía igual, non podia traballar, pero polo menos estaba seco, xa mañá vería se collera unha catarreira ou non, e nese intre soóu o seu móbil, era o seu curmán. E xusto nese máxico intre deuse de conta do parvo que era todo o mundo (él entre eles), o seu curmán dixolle qeu a súa curmá sanara, que xa non estaba enferma, que non había nada do que preocuparse, e nese inesquecible intre sorríu de verdade. Ese intre foi o intre no que viu a tontería de preocupacións que tivera nese día, foi o intre no que tivo un "subidón" de positividade que lle fixo pensar o mesmo que dí o título da canción.



No hay comentarios:

Publicar un comentario