jueves, 24 de abril de 2014

Ledicia final

Era unha xornada normal na súa vila, pero xusto era cando o señor da vila puxera unha nova lei, poderíase facer todo o que se quixese, pero sempre e cando non pisaran pedras ou herba, nese caso serían castigados; e iso era moi complexo se vivías nun pobo feito de pedra rodeado de prados nos cales comían as vacas. O señor Martíns era así, un tolo cun sadismo moi marcado

O noso amigo Xiao estaba pensativo, ¿como faría para chegar á vila do lado para face-la venda desta semana?, dábanlle liberdade para facer calquera cousa pero realmente era unha condena segura, non había xeito de salvarse do castigo do Martíns. Xa collera as cousas para vender e botaraas ó seu lombo, e agora ollaba ó carreiro polo que se chegaba á vila do lado, un carreiro que era de terra, pero que o Martíns mandara tapar con pedras facía dous días.

Estaba Xiao a ollar ó carreiro cando caeu na conta do regato que pasaba ó lado da súa casa, ¡o regato sería a súa salvación!, el iría por él e podería dicir que non ía exactamente por herba nin por pedras, senón que ía por terra mollada e por auga ¡esa era a solución!.

Esto decidiu facer Xiao, bicou á súa moza, saíu da súa casa e lanzouse ó regato. Corría coma un raio, ía salpicando ó seu redor, mollabase o pes, tanto que mesmo non notaba as súas dedas, pero ía rápido coma un lóstrego. E nesto estaba cando oiu un berro.

- ¡Alto! - gritaba un home nun cabalo - . ¡Pisaches nunha pedra do regato!, ¡tes que ser castigado polo Martíns!.

Pero Xiao non prestou atención e seguíu ó seu, corria e corría; levaba correndo uns dez minutos e a vila do lado estaba a uns cen metros. O problema era que o cabalo estaba a uns trinta metros e íao coller nun intre. O noso heróe tanto corria que esbarou e caeu no campo que estaba a carón do regato; polo campo caeu o saco que levaba ó lombo, polo campo caeu él, e posto que estaba no campo estaba pisando herba, polo que sería castigado polo señor

Estaba Xiao tirado no campo cando botou a man ó seu caron e reparou en que alí habia unha bolsa, unha pequena bolsa que lle prepararan na casa; abríuna, viu uns doces, un pano e unha codia de pan e sorríu, dáballe igual que o castigasen, esa bolsa significaban máis que tódo o demáis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario