Frío, frío e máis frío. O tremor do seu corpo non era algo normal, non había explicación algunha para ese comportamento corporal; non facía frío. estabamos en febreiro pero inda así, tras uns días de forte choiva semellaba que o tempo xa era o habitual, mesmo algunhas raiolas de sol saían entre as nubes, semellaba o típico parón entre treboadas e treboadas invernáis.
Cando ia pola rúa pensaba que era Bibendum, mesmo non se podía mover con liberdade; e xa non falamos de sentarse, iso era todo un espectáculo, tiña tal cantidade de capas que o feito de flexiona-lo seu corpo era digno de protagonizar un programa de "Fenómenos Sociáis" (se é que iso existe).
"Ola"
E repentinamente o frío pasóu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario