Pasaron os anos e os fillos fixeronse grandes, e unha das fillas da muller herdou o bo e o malo da sua nai. Por un lado herdou a decisión de loitar, de sair adiante e de traballar día sí día tamén; pero por outro herdou que lle acontecera algo semellante ó da súa nai; os seus fillos creceron sen un pai, e ela tivo que sacalos adiante, tivo que loitar por darlles unha educación, por darlles un plato que comer tódolos días, por vestilos, por facelos persoas. E novamente, e coma a súa nai, todo foi feito en soidade, sen que ninguén dese a cara por ela (en parte porque ela tampouco ía suplica-la axuda de ninguén), e novamente nun mundo que inda que avanzaba seguía a "ver mal" a unha muller soa.
Os fillos de esta muller medraron, foron xente adulta, e chegaron a hoxe. Foron educados en ver á xente simplemente coma persoas e non en función de sexo que teñan, por iso eses fillos desa segunda muller non entenden que se celebre o día da muller traballadora, para eles é un xeito de diferenciar a parte da humanidade da outra. Este día para eses fillos é un día de tristeza, xa que non queren crer que no mundo que viven ese típo de día é preciso, xa que eles non o ven así. O caso é que eles non o ven así por mor desta historia de dúas mulleres pero, ¿será necesaria para toda a humanidade unha historia coma esta?
No hay comentarios:
Publicar un comentario