miércoles, 17 de octubre de 2012

Galicia ¿decide?

Sí amiguiños, fartéi de escoitar que o día 21 é cando Galicia decide...; son as verbas que tódolos ""candidatos"" empregan ata desgastalas dun xeito que non sabes se son verbas ou unha rara forma xeolóxica.

Decidimos; sí, sí decidimos moitas cousas. Por exemplo, decidimos.....se nos dan por algún esfínter dende o PP ou dende o PSOE.

Decidimos se apoiamos un goberno en Madrid que ten coma segundo nome "fago o que antes critiquéi, pero mandáronme"; ou se apoiamos a unha oposición en Madrid que ten coma segundo nome "eu fixen os recortes antes pero non me lembro, e se os fixen mandáronme".

Decidimos se temos que apoiar ó que antes era un partido nacionalista e que agora son un fato deles ós cales custa distinguir, e que ata ¡empregan lemas electoráis semellantes!.

Decidimos se queremos que no parlamento galego os deputados sexan potenciáis presuntos delincuentes ou se directamente preferimos que os delincuentes que estiveron na cárcere, precisamente por mala xestión bancaria, estéan no noso parlamento. Algún dí que é unha vantaxe ¡xa sabemos que son uns ladróns!, non hai dúbida algunha nesto último.

Decidimos se queremos que un partido cuia líder considera que galego pode ser considerado coma algo despectivo esté no parlamento. O curioso é que a líder en cuestión non rectificou, e mesmo os membros (o de membras que o diga o pailán ou a pailana do pobo xa que négome a dicilo) galegos do seu partido non o entendían.

Decidimos moitas cousas; pero o feito de que os partidos do Real Clube Deportivo e do Celta de Vigo contra o Barcelona e o Madrid fosen a fin de semana das eleccións preocupóu moito...., iso amosa ben ás claras o que se decide. Francamente, decidir decidiremos pero ¿alguén podería dicirme qué?.

De tódolos xeitos íde votar, é o que debemos facer, penso que é evidente o que eu faréi (pista: votar votaréi).

E coma din por ahí, xa que a música amansa ás bestas... relaxémonos todos un pouco con algo de música.

 
¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario