miércoles, 28 de marzo de 2012

Folga

Folga, sí, mañá é o día da folga xeral, e o ártabro acudirá a ela por unha causa moi sinxela; dende o meu humilde punto de vista, a reforma laboral ataca a uns dereitos adquiridos, máis ben atenta contra eles, e esa é a sinxela causa de que o Ártabro vaia á folga, é sinxela e é compartible pola maioría da cidadanía (se sacan os anteollos das ideoloxías)

Nembargantes o Ártabro non irá ás manifestacións, tamén por unha causa moi sinxela; sentiríame noxentamente sucio se estivese detrás da bandeira duns sindicatos vendidos e sospeitosamente mudos os últimos anos; pero moi ben mantidos polo sistema (ó igual que partidos políticos e patronal.... ¡mellor non pensar en todo isto!)

É esta unha entrada moi corta no blog, e quería dicir unha última cousa falando de mañá: Quen desexe ir á folga que vaia, e quen desexe ir ó traballo que vaia; e agardemos que teñamos sorte e os "animáis" de turno non fagan das súas amparandose no que eles "malentenden" coma folga.


¡Saúde!

3 comentarios:

  1. Totalmente dacordo contigo.

    Só dicir que os sindicatos aínda que se poida estar dacordo có seu funcionamento ou non, a súa financiación (por certo a mesma que as organizacións empresariais) fan unha función importantísima, sen a súa organización ou "loxística" non sería posible dialogar ou negociar nada, dado que o sistema asambleario tanto nas empresas como ante os gobernos non é factible.

    Outra cousa é moi fácil esixir ós demáis: partidos, sindicatos, asociacións,... que nos representen e nos defendan pero para iso tamén hai que facer determinados "sacrificios" persoais , como o de ir votar (nas eleccións políticas e nas empresas) ou non ir mañá a traballar, que nos suporá unha merma económica e outras cousas non definidas pero que poden pesar nos traballos.

    Eu pola miña parte tamén farei folga mañá, posiblemente vaia á manifestación a mostrar o meu descontento co retroceso actual, e contra a politica que aproveitando da crise para eliminar toda capacidade ós traballadores (que somos todos, por moi xefes que nos creamos).

    O venres voltarei currar, có traballo acumulado, con moitos € menos e a defender a miña empresa como fago a diario, porque se á miña empresa lle vai ben a min posiblemente tamén.

    ResponderEliminar
  2. ¡Gracias polo teu comentario Fran! (non poño "Grazas" porque....digamos que non acepto esa verba coma miña).

    Polo que dis vexo que estamos dacordo no 80% dos puntos relacionados coa folga de mañá, básicamente tí irás ás manifestacións e eu négome polo que puxen antes.

    Xa no artículo indico que a financiación de partidos políticos, patronal e sindicatos é a mesma; é dicir, é o "Papá Estado" quen os mantén; e penso que é un dos males que fan que a posible ligazón entre a sociedade e os seus teóricos representantes cada día sexa máis inexistente. Sería outro tema a tratar, pero eu son firme defensor de que eses tres estamentos vivan dos seus afiliados, e penso que iso sería un incentivo á mellora do funcionamento de partidos, sindicatos e patronal.

    Non podo máis que suscribir punto por punto o que tí chamas "sacrificios"; xa que dende o meu punto de vista simplemente implican ter un mínimo de conciencia social,e é que no caso de carecer dela non é que o noso futuro vaia ser un mundo cheo de ledicia senón todo o contrario.

    En canto ó venres, o que toca é ir ó choio, o que toca é seguir dando todo de cada un de nos para que as cousas melloren (ou canto menos non empeoren) para as nosas empresas xa que, como ben dis, se elas non van ben, nos tampouco.

    ResponderEliminar
  3. O de verbas, nembargantes podoo pasar .
    podes empregar palabras e sen embargo
    Grazas NIN DE COÑA !!!!!!!!!

    ResponderEliminar