martes, 6 de marzo de 2012

Ledicia

Era o que sentía, era o que tiña no corpo, era o que tiña na mente e mesmo era o que tiña no alma. A ledicia entrara nel, e él inda se vía máis invadido por ela sempre que se daba de conta de que tiña a posibilidade de vivi-la felicidade.

Semellaba parvo, ou canto menos era o que dicía a xente, nembargantes él pensaba que os parvos eran eles. Él ollaba á xente que o tildaba dese xeito e o único que distinguía era un fato de xentes con tristura, con medo, co conformismo no seu interior e no seu exterior, e ó final nin tan sequera era quen de distingui-las persoas que o tildaban de parvo. ¿Por qué?, porque todos dicían o mesmo, tódos tiñan o mesmo xesto na súa faciana, tódalas persoas eran en realidade a mesma, eran o "modelo" da sociedade,

Él, en troques, era o o home da ledicia, o home do sorriso, e vivía dese xeito. ¿Podería a xente imitalo ou eran vítimas dunha alienación tan forte que non eran quén de facelo?. Nunca o saberemos, ó final toda-la xente espertou e viron o que realmente acontecía, o home feliz, o home ledo fora un soño de todos eles; iso fixo que a dúbida anterior trocase, ¿era posible ser o home que apareceu nos seus soños?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario