sábado, 10 de septiembre de 2011

¿Relato? chamémoslle Barbaria (I)

Era unha terra veciña de Barbaria, era unha terra irmá, a xente era coma os bárbaros, pero xa os antigos temían o troco dunha terra para outra ¿a causa?, a xente xa non era a mesma; nembargantes a lenda falaba soamente dos que entraban na terra bárbara, en non dos bárbaros que saían para ir á sua veciña terra.

Era unha magoa pero a propiedade conmutativa sí que ía, as personalidades trocaban, os enfrontamentos acontecían unha e outra vez no grupo de bárbaros, e mentres os bárbaros negábano. Na sua interioridade as cousas eran iguais, non entendían que o xeito de se comportar non era o axeitado para un ser racional, incluso se eras un bárbaro de Barbaria.

O máis curioso era que semallaba que os efectos do troco de terra eran demoledores para unha das persoas de Barbaria en non para os demáis, ó cabo do tempo semellaba que a adaptación dos demáis era perfecta e arrepiáballes a situación do seu compañeiro; a ira, os fiumes, as envexas eran os incribles cancros da situación. Os bárbaros falaban, mirábanse, arrepiábanse, tíñanse que conter (eran bárbaros, pero en Barbaria o primeiro era a defensa do Grupo, iso que fora de Barbaria chamaban erroneamente ser boa persoa); semellaba que os antigos non erraban, ó cruzar a fronteira para ir a Barbaria os estranxeiros toleaban, pero eles en realidade eran coma sempre, en troques o seu compañeiro tiña un serio problema, e inda por riba vivía no seu campamento.

A realidade era moi cruel, e amosaba que o problema non era do seu compañeiro, era deles, xa que despois de que os distintos grupos de exploración remarasen a noite de coñecemento da descoñecida terra todo o grupo estaba no campamento, a soidade podía ser un aliado pero ¿de quén?, ¿quén espertaría á mañá seguinte?, e se espertaban ¿qué día lles agardaría?, ¿qué loita terían que afrontar?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario