jueves, 29 de septiembre de 2011

Ó rematar sí era Barbaria (e III)

Sobreviviran, a tolemia seguía pero os bárbaros marchaban á sua casa, o camiño era por terra e pese a non estar moi seguros pediron a axuda do deus Gepus e él axudounos, inda non saben coma o fixeron pero chegaron a Barbaria, calados, centrados no camiño amosado por ese lonxano deus e sen ollar ás suas costas.

Á chegada a Barbaria pararon en Fortaleza do Rio, a primeira vila de Barbaria ó vir de Mariña e alí tiveron un festín, estaban moi tensos pero a ledicia da volta á terra gañaba ó medo. Na mente da maioría dos bárbaros soamente estaba o intre de chegar á sua casa na Cidade do Facho pero un deles non pensaba niso, un deles tiña unha obsesión co grupo, o grupo sería del ou de ninguén, o grupo sería asoballado pola sua vontade ou non viviría.

O que aconteceu non sei se é bo ou malo, a tolemia do bárbaro abarcaba toda Barbaria, quería controlalo todo, todo debía xirar ó redor del, definitivamente cruzar a fronteira non era algo bo para os bárbaros, a tolemia aniña nalgún neles e non sae.

Ós nosos amigos soamente lles queda loitar contra o seu antigo compañeiro, pero ben visto, eles eran bárbaros a sua terra era Barbaria e por algo tiñan ese nome; loitaban todo o tempo polo que simplemente farían o que sempre fixeron, loitar. E ante todo isto ¿acaso a expedición a Mariña toleou ó bárbaro?, comeza a verse que non, xa era un tolo en Barbaria, e Barbaria chamábase así por algo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario