viernes, 16 de septiembre de 2011

Chamémoslle Barbaria (II). ¿Seguimos chamándolle Barbaria?

Non vos contei todo sobor da noite dos bárbaros, antes de chegar ó seu refuxio investigaran como era a vida en Mariña, ese era o nome desa terra descoñecida. Sabedores de que os mariños eran xente nocturna saíron ó seu encontro pola noite, dividiron ó grupo en duas partes, unha parte deo grupo tería que facer amizade cos mariños, o outra parte facer tarefas de investigación e observar, non ia ser sinxelo.

O primeiro dos grupos tivo sorte, coñeceu mariños e mariñas, mesmo averiguou coma era a sua estranamente familiar lingua,  pescudaron coma se financiaban e ata foron levados a un tempo erguido na honra do seu Deus, o Deus Kahipoh, ó cal rendían loubanza inxirindo un estrano bebedizo cuxo nome non acadaron a entender; semellaba todo un éxito para a expedición, Barbaria ó fin entendería coma eran os seus veciños, eles serían uns heróes ó voltar á súa terra e os líderes decidirían que acontecería con Mariña nun futuro.

En troques a cousa non era tan sinxela coma pensaba o primeiro exitoso grupo, a tolemia aniñara no outro grupo nun dos membros, non so non completaran a sua misión, senón que todo o grupo se perdera en tódolos sensos, inda que incriblemente chegaron ó seu refuxio, onde ó final se atoparon coa outra parte da expedición entregada á adoración do Deus Kahipoh.

Á parte do grupo que fixo amizade cos mariños e coas mariñas o que máis lle chamaba a atención da noite era o novo culto que descubriran e que tanto os atraía, ¡ilusos!, o realmente perigoso estaba no seu compañeiro. Iso é o que explica o que contaba na anterior tirada, o perigo atopábase xunto a eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario