Tentabao e tentabao, a verdade e que tentouno ata que xa non sabía que estaba na maior das oscuridades, convertírase no máis parecido a un morcego; semellaba que non precisaba da luz, da claridade, para seguir adiante xa que non a lembraba.
Se iso non fora suficiente estaba canso, pero semellaba que acontecera o mesmo que coa claridade, acostumárase ó cansazo, xa era algo normal na sua vida.
Cansazo, oscuridade, esa era a súa vida, e non era quén de decatarse diso xa que a costume ¡¡é o que ten!!. Era coma se no intre de elixir entre Matrix e a realidade elixise Matrix, errara na pílula a tomar.
Nembargantes, chegou un día no que sentíu algo novo, claridade nos seus ollos e relax no seu corpo, algo lle dera a oportunidade. Finalmente viu o sol e o seu corpo acadara o descanso, a realidade existía, puido saír de Matrix.
Nese intre soamente podía facer duas cousas, loitar por descubrir en profundidade ese algo que o sacara de Matrix; e dar pequenos pasos de cativo para descubri-la nova realidade, mellor dito, a realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario