jueves, 2 de agosto de 2012

¡Son o primeiro "ovello"!

Sí, séino, é subirse ó carro, é ir ó rebaño, ¡é máis!, ¡é ser o primeiro "ovello"! (o masculino é carneiro pero penso que é máis políticamente ovello xa que, ¿por qué falar de cornos?, e tamén porque sí ¡qué lerias!).

Levo meses e meses, ¡xa máis dun ano!, dende que foi nado este humilde blog, e o habitual, a costume, é critica-lo rebaño. O habitual é ir contra a corrente, de feito penso que o mellor para a saúde mental (e para os que crean nela, mesmo para a saúde da alma) é ir en contra dos milleiros de cortinas de fume que hai que sufrir cada día... e é unha magoa, xa que as seguimos a sufrir.

Pero sí, teño que dicilo, ¡entrei no rebaño e síntome cheo de ledicia!. ¿A causa?, ¡é evidente!, as olimpiadas (ou xogos olímpicos ou coma cara... se chame, que ninguén se enfade). E unha ocupación constante, podo ver dende competicións de disparos con carabina (sí, xa sei que é moi friki) ata ver competicións de volei-praia (sí femininas sí, de feito descubrin unha curiosa regulamentación pola cal se a temperatura é superior a 18 graos teñen que vestir bikini....., ou eso escoitei na radio...), pasando por natación, básket (non ten prezo ver ó seleccionador ruso falando nos tempos mortos en inglés ós seus xogadores...., esto nos tempos de Sabonis e Kurtinaitis non pasaba, inda que era a URSS claro,e eles lituanos) e pola competición que non perdo cada catro anos ¡a ximnasia artística! (sexamos serios, a min fáltame articulacións, ¡hai cousas que non son normáis!).

Así que estimados artabreadores; confeso ser un seguidor do rebaño, pero non un seguidor calquera, senón un que mesmo segue en twitter ó equipo olímpico español (fustigádeme), un que chega á casa e pon a tele para ver tódalas competicións posibles..... e un que ó tempo que revisa o que escribe cae na conta que ten que empezar a medicarse xa que o seu empeora....; pero, coma dixen antes, ¡un orgulloso "ovello"!.

Visto o visto era evidente a aportación musical de hoxe.


¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario