sábado, 12 de mayo de 2012

Pasou un ano, ¿non sí?

Pasou un ano, pasou un goberno, cambiaron os nomes, mesmo cambiaron os nomes das empresas, moitas pecharon, outras foron compradas e multitude delas seguen sen saber que vai ser delas. En resumo, pasou un ano e ó final semella que o principial principio das series de televisión chegou á realidade.

Un mandamento non escrito das series da tele dí que nun capítulo pode acontecer case que de todo pero, se a serie e de capítulos curtos, ó rematar todo debe volver ó mesmo estado no que estaba ó comenza-lo episodio; pois ben, novamente a realidade supera á ficción, novamente todo segue igual. O ano pasado naceu o movemento 15-M, o "movemento indignado" foi denominado por algúns, e tódalas forzas políticas saíron a dicir que estaban dacordo cos indignados...; ese movemento, coma case todos, tiña unha parte xenuina e unha parte manipulada ¡é evidente e ninguén o pode negar!, nembargantes hai causas para que a xente saia á rua , hai motivos que o motivan (valla a redundancia), o paro e a precariedade laboral non nos rodean non, ¡vivimos neles!, os nosos dereitos semella que cada vez son menos, e, en troques, as nosas obrigas crecen, pero.... ¿non era esta mesma a situación que tiñamos o ano pasado?, semella que sí, semella que o sistema gañou (novamente) e por desgracia semella que o que hoxe aconteceu (manifestacións o 12-M conmemorando o aniversario do 15-M) simplemente foi un aniversario.

É unha magoa, era un movemento que, tendo a evidente manimulación que todo movmento ten (os primeiros os partidos políticos ou os sindicatos) tiña algo que non tiñan estos (ou non semellan telo), era algo de aire fresco,semella que entre todo-los resortes do sistema morreu, e tamcouso semella que moitos dos que "lideraban" o 15-M fixeran moito por mantelo con vida. O dito, unha magoa.

E tamén é unha magoa que a maior alegria do día foi a victoria do Dépor en Soria, ¡canto menos xa vemo-la primeira división máis preto ¡sempre hai un consolo!.... inda que sexa por medio do circo oficial (AKA fútbol).



¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario