viernes, 17 de febrero de 2012

Vixilia

Él non sabía qué dicir, non sabía qué facer, de feito distaba moito de ser unha persoa decidida (máis ben era a indecisión en persoa), ou é posible que sí. En realidade tiña moi claro o que quería, pero non sabía cal sería o xeito de expresalo, en definitiva era un problema de comunicación ou de cobardía, nin él mesmo o sabía.

Pero o tempo pasaba e pasaba, nunca parou e agora non había causa algunha para que parase, as cousas seguían os raís que tiñan definidos e él non era quen de acciona-lo mecanismo que trocaba a dirección das vías dese tren chamado tempo. Nalgunhas ocasións decidíase a facelo, arrepiáballe o posible fracaso e botábase atras novamente, semallaba (coma xa dixen) indeciso, nembargantes tiña moi claras as cousas, era algo que semellaba insostible.

Finalmente espertou, e o que tiña era o mesmo que tiña antes, e iso non era o que realmente desexaba. A súa indecisión era o seu erro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario