lunes, 13 de febrero de 2012

Crise (consolémonos co liderato)

Moi curioso é este mundo que nos rodea. Crise, crise, crise e máis crise, fálase de crise nas radios, nos xornáis, nas televisións, nas rúas, en tódalas partes. Semella que a crise económica é o detonante que fixo xurdir unha innumerable cantidade de distintas crises, que se ben sempre existiron, non se falaba delas, mesmo poderíase dicir que a crise económica en realidade non é máis ca un síntoma dunha crise inda maior, que non é outra que a Crise da Sociedade (sí, ambalasdúas con maiúsculas).

Onte pola noite no parlamento grego facíase unha votación, nela aprobarían (ou non) as imposicións da troika que parácticamente "de facto" e "de iure" goberna ós gregos (e tamén ás gregas, non vaia ser que sexa acusado de empregar-la lingua dun xeito sexista....); mentras, nas rúas, ás portas do parlamento, as manifestacións multiplicabanse, e os disturbios tamén. O lume consumía casas, tendas, mobiliario urbán, mesmo a algún policía a a algun manifestante; pero o máis curioso do tema (para min) aconteceu cando onte pola noite intentei segui-los feitos por medio do internet, entrei en dous xornáis de tendendia ideolóxica oposta (unha costume que recomendo) e ..... as novas que presentaban sobre o acontecido en Grecia eran ¡a mesma!, ¡simplemente unha nova de axencia coa mesma foto!.

Semellará unha parvada pero, os medios eran opostos pero a nova igual (en puntos, comas e imaxes), é evidente, a pluralidade morre, e unha nova sociedade parece estar a nacer, pero non por ser nova ten porqué ser mellor.

Inda así teño un consolo, ¡o Dépor é líder!, sí, sei que é pouca cousa pero ¡son un home moi sinxelo!, tan sinxelo coma este humilde e chapuceiro blog.


¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario