lunes, 9 de enero de 2012

Solución final egoista

¿Que é o que fai que unha persoa tome esa decisión?, ¿qué é o que fai que unha persoa decida que a solución ós seus problemas é sair do medio? , ¿cal é o detonante diso?. É un dos grandes misterios do home (dito home coma persona humana ¡aclaro!).

Hoxe pola noite ollando o telexornal vin unha nova que me impactou bastante, falaba do fiscal militar polaco que investigaba a morte en accidente aéreo do Presidente Polaco Lech Kaczyński; resulta que súbitamete o fiscal decide remata-la rolda de prensa e pídelle ós xornalistas que deixen a sala, tras iso o que se escoita é un chasquido e de seguido o ruido dun disparo, o fiscal decidira suicidarse pero errou no disparo e sóamente ten feridas na faciana.


Despois de ver as imaxes é evidente que un pensa en primeiro lugar que algo estrano acontece có feito da morte do Presidente polaco, pero o segundo que pasou pola miña mente foi pensar en qué pasa pola mente dalguén para facer iso.

Hai moitos xeitos de facelo, hai xente que non se suicida; simplemente desaparece da sua vida, sen nin tan sequera avisar ós seus seres queridos (dende logo penso que non deben de ser moi queridos cando fai iso) e pensa que dese xeito os supostos problemas desaparecen. ¡Erro!, íso é un erro, iso soamente é unha inmensa demostración de cobardía e de egoismo, mesmo penso que é unha importante falla de madurez, os nenos tapan os ollos cando algo non lles gusta e agardan ós seus pais para que arranxen o problema, os adultos afrontan os problemas e non fuxen.

Pode ser que a cultura na que medrei inflúa na miña visión, xa que no caso dunha cultura oriental ante a perspectiva dunha vida en deshonra o suicidio é a recuperación do honor, pero é unha verdade evidente, quen sae do medio sen dar explicación algunha ou sen dar a cara é un egoista.

Despois disto (é evidente que a "ida de olla" de hoxe ten tela, ¿ou quizáis non?) soamente podo deixar a aportación musical ¡que non a esquezo! (e xa que este home vai vir pola esquecida Artabria ¡é de lei compartir unha das suas cancións!)


¡Ah! e por suposto ¡saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario