jueves, 26 de enero de 2012

Mentira

Nin chegara a existir. Nin tan sequera sei coma é posible que falemos dela, pero non paramos de facelo.

A xente fala, escribe, mesmo pinta ou fai fermosas esculturas falando dela; baséa a súa vida e a súa sociedade nela.

Fartámonos de nomeala, se existise sería un ser presumido que podería autocalificarse coma eterno "Trending Topic".

Semella que cremos que por nomeala ímoslle dar vida, nembargantes trabucámonos, inda que cremos non existe.

Coma se dí dos deuses en tódalas culturas é universal e é igual para tódalas persoas, alomenos é o que nos gusta dicir sobor dela para enganarnos.

Non existe, insisto, os feitos amosan que é evidente que non existe pero mesmo chegamos a matar no seu nome, iso soamente proba unha cousa, o home sí que é un lobo para o home.

Dise que a mesma xustiza non é máis que a sua filla; ou é posible que a xustiza sexa a súa nai, e coma tampouco existe non pode ter fillos, xa que ambalasdúas son unha invención.

En resumo ¿liberdade?. Ogallá, pero desgraciadamente son agnostico.



Saúde

No hay comentarios:

Publicar un comentario