martes, 17 de mayo de 2011

Día das Letras Galegas

Non sei se fora de Galicia moita xente o sabe, a verdade imaxino que se aparece unha reseña nalgún noticiéiro a nivel nacional será de casualidade, pero hoxe é festivo en Galicia, celébrase o Día das Letras Galegas.

Hai xa uns cantos anos, no ano 1963, arrancou esta celebración anual, na que se homenaxea ós escritores galegos e á literatura galega. Ten esta celebración algo curioso, o escritor homenaxeado ten que estar morto dende hai 10 anos para podérselle adica-lo día; o primeiro homenaxeado (homenaxeada neste caso) foi Rosalía de Castro, a gran poetisa romántica galega do século XIX que foi unha das protagonistas do Rexurdimento da Fala; este ano o homenaxeado é o poeta Lois Pereiro.

Estou dacordo coa creación deste día; inda que na miña opinión algo falla, explicome: se celebramo-lo día das nosas letras ¿cal é a causa que fai que non se abran as librarias?, penso que, independentemente de que o día sexa festivo, o mellor xeito de facer promoción da lingua e da literatura galegas sería aprobeita-lo día para facer importantes descontos nos libros en galego, pero ben, ¡soamente é unha idea dun humilde ártabro!.

Deixovos unha ligazón a unha fermosa interpretación do poema do gran bardo galego Eduardo Pondal "As queixumes dos pinos", que é o himno galego, disfrutade del e ¡distrutade do día!
http://www.youtube.com/watch?v=zytLUE--FVE&feature=share

¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario