jueves, 28 de abril de 2011

No medio do único

Xa sei que é o monotema, segundo a prensa é un "evento planetario" (copyright Leire Pajín), efectivamente, ¡falo do Madrid-Barcelona cuadruple!.

Un trata de ler as noticias económicas, e o que ve son titulares que fan referencia ás cantidades que xerarán os partidos e ós orzamentos dos clubes; trata de ler noticias políticas e aparecen os nosos amados políticos dicindo de quen son siareiros; mesmo trata de ver algún programa do corazón e ¡falan dos xogadores e dos seus ligues presentes, pasados e futuros!. Soamente se pode dicir unha cousa; a invasión mediática é brutal, inda que se pensamos que o xornal de maior tirada de España é o "Marca", non hai máis que dicir.

En resumo, un humilde afeccionado ó fútbol que non é siareiro nin do "Mou Team" (que denominación máis estúpida"), nin do "Pep Team" (idem), coma min, xa está saturado de fútbol, o cal no meu caso é histórico.  Por outra banda un non pode evitar tratar de fuxir cara outros pensamentos, e cabila en que ¡qué ben está o calendario este ano para adormecer á xente!; parémonos a ollalo, primeiro teremos ¡catro! clásicos do fútbol español, o cal garante un mes no cal a maioría da xente falará única e exclusivamente dos partidos (nestes momentos é o que estamos a vivir); e ¿qué atopamos ó rematar iso? ¡a campaña electoral a todo trapo!; é ano de eleccións municipáis (e fora de Galicia tamén autonómicas), e que mellor que facer que a xente as atope de sopetón, igual se a xente ten tempo para reparar nas candidaturas sería evidente a masiva incapacidade (potencial nuns casos e demostrada noutros) do 99% dos candidatos; despóis da campaña virán a eleccións, máxico día no que gañarán todos (coma sempre) e ¡maxia novamente!, todo volve á normalidade ¡poltrona 4 anos máis! (xa que se non acadas a poltrona de mando acadas a da oposición, que tamén da uns bos cartos) e nada cambia, nada, a sociedade seguirá durmida (ogallá fose adurmecida pero xa non sei se o podo crer).

Pode parecer que é un plantexamento esaxerado, pero aí vai un exemplo; ¿canta xente reparou o que lle aconteceu ó voveiro de Izquierda Unida no Parlamento de los Diputados, Gaspar Llamazares, na sua visita a Penamoa na Coruña?, pois probablemente o 1 % da poboación. Conto a historia, o voceiro do terceiro partido con maior cantidade de votos nas últimas eleccións xeráis visitou o poboado chabolista de Penamoa, na Coruña, famoso por ser un foco de tráfico de drogas, pois ben, ó señor Llamazares recibironno cun lanzamento masivo de pedras e mesmo tubos de ferro, e foi precisa a actuación da Policía Nacional para protexer a sua integridade física; aparentemente debería falarse desta nova ¿non é así?, pois non , a nova do día era que Andrés Iniesta non xogaría contra o Madrid por mancarse no adetramento do día previo ó partido. Visto este exemplo, ¿era esaxerado o que dicía máis arriba?.

Deixo unha ligazón coa nova do intento de agresión a Llamazares:
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/04/27/piedras-recibir-llamazares/490074.html

Por certo, eu no cuadruple clasico ¡vou có árbitro!.

¡Saúde! (e ¡Forza Dépor! )

No hay comentarios:

Publicar un comentario