jueves, 7 de abril de 2011

Canso

O único que tiña hoxe claro á hora de comeza-la escritura no blog era que ía ser en galego, máis que nada por amosar a sorte que teño de vivir nunha terra con máis dunha lingua.

O problema aparece cando penso en qué escribir, e soamente teño unhas verbas na cabeza ¡estou canso!. Canso, canso psicolóxicamente e canso físicamente, vivimos nunha sociedade onde o cansazo parece ser a "marca rexistrada" que a define.

¿Quen non escoitou (ou mesmo dixo) nalgunha ocasión "¡estou canso de todo!"?; é unha frase canto menos contundente, ¿realmente é posible estar canso de todo?; con franqueza penso que non é así, e vou asinar varios exemplos: a xente está cansa fisicamente pero ¡vai (ímos) ó ximnasio!, é dicir, pagamos polo noso cansazo, pero ¡é pola nosa saúde!, polo que o cansazo é asumible; do mesmo xeito a xente está cansa de traballar , pero ¿non é o paro o máis preocupante cancro da nosa débil economía?, ¿non é o noso obxectivo traballar "no que sexa"? (o que é unha das explicacións a que a economía sumerxida sexa a primeira indústria da nosa querida terra galega...).

Todo isto lévame a unha conclusíón optimista (¡incrible en min!), todos estamos sempre a queixarnos, pero ó final sí que superamo-las cousas que nos cansan, e que non nos gustan. En conclusión, inda que o home (persoa humana, non vaian dicir que discrimino ás mulleres) é medio (ou sen medio) corrupto por natureza, tamén é quen de supera-los obstáculos que máis o amolan; é dicir, na actualidades estaremos mal pero penso que sairemos adiante, a trompicóns pero sairemos.

¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario