sábado, 1 de junio de 2013

Sí, xa chegou o día, e ¡pódese!

Pois sí, chegou outra vez o "off-topic" máis "topic" deste chapuceiro blog. Era algo que agardaría calquer artabreador estandar, e mesmo os que soamente leran as trapalladas eiquí escritas  un par de veces, hoxe toca falar de fútbol, hoxe toca falar do Dépor (neste intre algúns que eu ben sei xa pecharon a páxina jejeje).

Hoxe é un deses días, un deses partidos que non se chaman "partido do século" na prensa pero que, nembargantes, o é. O meu clube (sí, son socio e accionista, xa o dixen nun par de ocasións, se queredes podedes felicitarme ou rir) non soamente ten en xogo a sua praza na primeira división, é posible que a sua continuidade coma sociedade dependa do que aconteza esta noite ás nove en Riazor.

É unha ledicia para un deportivista ver o aspecto da cidade, chea de bandeiras, bufandas, cartéis, xente vestida de branco e azul pola rúa..., é unha ledicia e agardo que sexa o preludio dunha gran festa; unha festa coma soamente os deportivistas sabemos facer (iso sí, tamén aparecerán moitos que se suban ó carro, é o que hai!).

Hoxe cando espertei e empecéi a ve-la xente pola rúa, mesmo a algún siareiro do equipo adversario, foi cando me decatéi que o día xa chegara, que hoxe é o día D e que as 21:00 (hora valeroniana por definición) é a hora H.

Soamente queda por dicir unha cousa que non por repetila mil veces deixará de ser certa.

¡Pódese!


1 comentario: