lunes, 18 de junio de 2012

Curioso

"Imos ver logo, entón ¿que era o que me dicía vostede? ai sí, sí, moi ben, moi ben, pero e que non se pode, xa sabe, ordes darriba".

"Non son eu, e que é o banco quen fai que se faga isto, non sei se poderéi axudalo, pero ¡tentaréino eh!, que xa sabe que eu sempre me preocupo por vostede inda que son tan só son un humilde Director".

"Non pode ser, ¡xa lles vale!, e mira que llo dixen ó xefe área pero non é posible facelo, ¡xa non hai respeto por ninguen! , nin tan sequera por un xerente coma min, tentarei axudarlles pero non está na miña man, xa saben vostedes, ¡os cartos!".

"Perfecto señor Conselleiro Delegado, direille ós empregados que non pode ser, que non hai axudas; sí, sei que non é culpa súa, xa sei que vostede ten unha predisposicón por axudarnos".

"O Concello en xeral, e este concelleiro en particular, quere facelo, pero xa saben vostedes que hai cousas que non nos deixan"

"Nin tan sequera sendo ministro pódolle axudar querido concidadán, xa sabe vostede que o Presidente é o que manda, e non é posible atacar esas melloras que vostede plantexa dende a sua asociación de xentes sen fogar,e xa sabe o porqué".

"Queridos cidadáns; eu, coma Presidente do Goberno, véxome na obriga de dicir que non é posible facer os proxectos xa que a Unión Europea non nos deixa".

"Coma voceiro da Unión Europea teño a penosa obriga de comunicar ós cidadáns dos países membros que a situación económica non nos deixamante-lo estado do benestar vixente".

"Os membros do G20 e das Nacións Unidas comunican ó mundo o seu sufrimento por ve-la desfeita xeralizada que produce a crise económica".

¿Son familiares as frases?, penso que si. Casualmente todos lamentan e ó final a culpable é a economía, o curioso é que ninguén é responsable do que lle acontece á economía, é moi curioso.


¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario