lunes, 23 de abril de 2012

Non saberán se subimos ou baixamos pero....

Xa o dixo un tal Daniel de Rianxo, ¡Sempre en Galicia!

Temos o novo medio de tranporte definitivo, o percebe. ¡A fastidiarse o resto de España, eles teñen o AVE, nos o Percebe exprés!, e todo ¡gracias a Ciu!;¡estamos moi obrigados con eses converxentes! (inda así nunca entendín moi ven o de converxentes, ¿hacia onde?, ¿e qué acontece se diverxen? ¿trocamo-lo nome do partido?)

Temos a maior taxa de perda de poboación de España. ¡Noraboa!, nuns intres de crise coma os actuáis é moi importante non segui-las tendencias da maioría, ¡vale!, é na poboación pero ¡algo é algo!

Temos á UE investigando unha deputación pola sua (suposta) corrupción. ¿Ou é que pensaban os do mediterraneo que eles eran os campións?, río deles ata escachar coa risa, ¡nos sí que somos uns campións!, cando a UE fale con vos ¡xa falaremos, xa!

Temos cargos públicos hereditarios. ¿Qué España herdou dos franceses a dinastioa Bourbon (AKA Borbón) que é tan mala malísima por matar paquidermos? (¡e non invitar a un churrasco!), nos temos ós Baltar que matan polbos en auga fervendo e sírveno con pimentón ¡iso é ter nivel! (o que xa non sei é se invitan).

O goberno central quere empezar a privatizar as televisións autonómicas (semella que á nacional simplemente a convertirá no seu canal de propaganda....) por ser pozos sen fondo de débeda. ¡Ilusos!, eiquí temos un ente (nunca mellor escollida a denominación "ente") público milagreiro xa que non ten moitas débedas...., inda que hai anos dicíase o contrario ¡poñédevos verdes coa envexa!.

Eiquí desmontamos poboados onde hai venda de droga (si vale, algúns chamanlle drogha), e ¡sen problema ningun!, as xentes do poboado ¡"okupan" un edificio parcialmente xa "okupado" e van vivir a él! (e parte dos okupas iniciais marchan do edificio...). En troques na "civilizada" Barcelona os "civilizados" Mossos andan a bater nos okupas para botalos das casas ocupadas.... animaliños, ¡nos xa temo-la solución!, xa sabedes, pagades uns percebes e dicimos coma tedes que xestiona-la crise okupa.

E por se todo o que dixen non é suficiente o pai de Fidel e Raúl Castro e o avo de Cristina Fernandez (chamada Kirchner polos pailáns que non saben que nos lugares onde se emprega o español as donas non perden o seu apelido ó casarse) foron nados na provincia de Lugo.... así que ¡xa vedes que xenética temos!. (Mellor non comento quén fundóu o PP e o PSOE porque iso sí que é un motivo para ser bombardeados....)

En resumo, mellor que riades e non choredes (porque dependendo con quen nos comparemos ¡ata somos eficientes!,e iso sí que é para chorar) e relaxédevos escoitando unha baladiña (e cun video "curioso")


¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario