lunes, 12 de diciembre de 2011

Ollade ó detalle

A miúdo acontece, soamente ó ollar os pequenos detalles un remata por reparar no que realmente o rodea. Semella unha parvada, pero é unha gran verdade, é nos pequenos detalles onde un pode detectar trocos no que nos rodea ou nunha sociedade, tanto para ben coma para mal.

Hai exemplos de tódolos típos, lembro unha curiosidade que me contaran nunha ocasión, unha muller ía no seu coche coas suas fillas pequenas e comeza a sonar a canción "Mujer contra Mujer" de Mecano (non vos preocupedes, non vou incluir unha ligazón ó video de Youtube desta canción, xa está contaminado dabondo o meu blog co que eu tento escribir) e unha das nenas preguntoulle á sua nai de qué ía a canción; a nai pasou por tódalas cores e inda non respostara cando a outra pequena dí "fala de dúas mulleres lesbianas que se queren". Velaí o que eu dicía antes, un pequeno detalle, pero duas nenas non ven coma algo tabú o feito de que duas mulleres sean parella; o pequeno detalle amosa un troco, un avance da sociedade.

Nembargantes o que tamén podemos atopar outros detalles, é posible que se me tilde de carca polo que vou dicir pero foi algo que me aconteceu en duas ocasións no supermercado (sí xa sei que é un sitio estrano), é o pequeno detalle que amosa un problema a arranxar; as situación foi a seguinte, mentres o que suscribe simplemente estaba a ollar as datas de caducidade das tarriñas de queixo de Burgos no super (hai que mercar a que caduque máis tarde ¡digo eu!) tiña ó meu lado a unha nena acompañada da sua nai (nai que tiña unha faciana de desesperación indescriptible) pois ben, a pequena soamente dicía "quero esto, quero aquelo, quero o de máis aló" e , sorprendentemente, a nai simplemente facía o que dicía a nena (á que lle calculei uns 5 anos). O detalle, quen manda é a nena, o problema que amosa: na miña opinión chega a explicar o problema que atopan os profesores nas aulas, hai nenos que por mor da educación que teñen na súa casa rematan por ser pequenos tiranos.

E todo este "tocho" ¿que obxectivo ten?, pois moi sinxelo ¡que as árbores vos deixen ver o bosque!.

E aquí tedes o enlace musical desta tirada, xa sei que non ten nada que ver, pero levo dous dias con esta simpática canción na cabeza e ¡négome a colgar nada de Mecano!


¡Saúde!

2 comentarios: