Os días son longos, as noites curtas (polo cal hai que desfrutalas), a temperatura é perfecta, non é abafante nin é fría, o dito, é perfecta. É o mes no cal comezamo-la época das praias; é o mes no cal vivimos a noite bruxa por excelencia, a incrible noite de San Xoan (quen poda que se achege á Coruña a disfrutala en toda a ensenada do Orzán) noite nas que as rachoeiras toman toda Galicia e fan que sexa un facho que ilumina a todo o mundo; é o mes no que os romanos volven a loitar contra os celtas en Lugo. É o mes no que comeza a maxia.
É o mes no que comeza o verán, é un mes que hule a vacacións; é o mes no cal xa se notan as festas patronais galegas; é o mes no que xa comezan as romarías; é o mes no cal en Galicia xa se fan festas gastronómicas (neste intre eu son coma Homer Simpson, ¡a baba cáeme dos beizos!).
Por todo iso, e inda que sexa o principio do mes e eu teña lotes e lotes e máis lotes de traballo na oficina, soamente podo ser optimista ó arrancar co meu querido mes de xuño.
Deixo uns vídeos para que vexades o que é o que vai traer o mes de xuño
No hay comentarios:
Publicar un comentario