O apoio que Celdón buscaba atopouno, pero inda así Celdón tiña ese problema que contaba, tiña medo, tiña pánico, tiña unha inseguridade enfermiza, chegaba a semellar moi moi parvo.
Pero non era parvo, sabía valora-lo apoio, sabia que ese apoio sacaballe de moitos líos na súa cabeza, sabía todo, pero custaballe dicilo, ou non o sabía dicir.
Celdón era así, a diferencia da maioría da sociedade era moi consciente das súas limitacións, e pouco a pouco loitaba por superalo, pero era lento, era moi lento, era coma unha tartaruga con artrite.
Era lento e tiña medo, e sabíao, o feito de sabelo diferenciábao da maioría da xente, e sobre todo deiferenciabao esa loita continua pero exaxeradamente lenta. Soamente pedía que o punto de apoio o aturase.
Ese era Celdón
No hay comentarios:
Publicar un comentario