sábado, 29 de octubre de 2011

Trocos. ¿Poden acontecer?

Din que os trocos son algo bo, din que os trocos axudan á evolución das xentes, din que aportan cousas novas ó seu xeito de pensar, de actuar, en definitiva, de vivir; iso soamente amosaría que a rutina é o inimigo mortal do home, polo menos da sua evolución.

Tras este plantexamento soamente hai que ollar ó noso redor, por unha banda vemos que hai unha inacabable cantidade de normas que, polo noso suposto ben, dinnos como hai que actuar; por outra banda vemos coma hai lugares onde presumen de estar nunha revolución (se revolución significa trocos rápidos e unha revolución dura máis de 50 anos.... algún erro hai) sen que nada sexa distinto ó día anterior; e por outro lado tamén temos as incribles loitas que acontecen nas sociedades actuais cando alguén ten a idea (tola ou non) de troca-las normas vixentes.

¿Incoherencias?, aparentemente sí pero, por sorte ou por desgracia, penso que no fondo iso amosa unha brutal coherencia do ser humano consigo mesmo, simplemente é unha demostración do xeito de pensar e de actuar do 80% (e son moi xeneroso) da humanidade: egoismo. O home é egoista " per se" e por sorte hai xentes non egoistas que nos fan ter unha ilusión de troco verdadeiro que en ocasións triunfa.

O máis incríble é que todo este texto ía tratar do troco horario desta fin de semana e de como en Galicia (por motivos que prefiro non entender) temos mal a franxa horaria, pero xa me coñecedes, soamente son un tolo que divaga. Inda que , de tódolos xeitos, no fondo ¿non é o que divaguei a causa final deste erroneo uso horario?, deixadeo, son divagacións dun tolo.



¡Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario