domingo, 8 de julio de 2012

Sorpresa na tenda

"¡Arránxao! ou canto menos ¡trata de facelo!" era o que o señor Petén Tecativo, Don Híncom para os achegados, dicía ó seu cuñado, e este tentabao e a maior parte das veces  acadabao.

"Fai que saia en tempo" berraba Hincom, e o seu cuñado sacaba a mercadoría da súa pequena tenda en tempo e chegaba ó mercado.

"¡Faino así!, ¡Faino coma sempre!", seguía a dicir Híncom un día sí e outro tamén. E ¿sabedes qué?, que o cuñado , cumpría, era coma un pequeno Stajanov; traballaba, traballaba e traballaba, non paraba nunca, e sentía unha grande ledicia cando chegaba á casa e lle contaba á irmá de Hincom que as cousas saíran.

E chegou o día, Híncom chegou á tenda e o seu cuñado non estaba alí; o silencio reinaba na tenda, mesmo se poderían escota-los movementos dos pequenos ácaros de pó acumulados nos recunchos do local. Era unha sensación estrana, o bule-bule que o seu cuñado facía cando cumpría as súas ordes non estaba, e o silencio abrumaba ó señor Petén. Finalmente deuse de conta do qué pasaba, ¡o seu cuñado estaba de vacacións!


¡Vacacións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario